O asociacionismo en fornelos da ribeira

apheza argentina terra prometida
De feito foi e aínda é, un fenómeno xeral que chamou a atención da importancia que tiña. Foi , e, é aínda e, unha eclosión asociativa para todos. E Fornelos da Ribeira foi un exemplo, tanto aquí como na Arxentina. E sabían ben o que representaba na súa terra natal, os emigrados de Fornelos, inspirándose nos procedementos para o seu desenrolo, sostemento cos seus conseguintes froitos.

Naqueles tempos, mais ou menos como hoxe, as asociacións eran as formas de identificación, vencello, e estímulo para triunfar na terra de acollida e fomentar a elevación cultural na parroquia de nacemento.
A lembranza da terra de orixe explica o esforzo dalgunhas asociacións destacadas en actividades moi representativas.

Eu emociónome ler a presenza dos fillos e descendentes dos primeiros emigrantes de Fornelos da Ribeira, nas organizacións e direccións, centrados na participación da cultura orixinaria, e no sistema educativo da sociedade receptora. Emocióname ler, como J.A. Blanco Rodríguez, no seu libro da emigración, fala dos “naturais no 1.877”, protexidos polas asociacións. De “La Concordia” polos naturais da parroquia de Fornelos da Ribeira.

Trátase, se afirmaba nun acta de poñer un as a un sono aldeán para que voe. Tamén de axuda mutua e do ben facer pros caídos, “o home que non pode ficar só, porque este mundo americano a dicir de Marcelino Xulio Fernández Santiago, non e perfecto, como o noso europeo de onde saíron, e non e xusto que cada home se valla a si mesmo” (L. Seoane.Fardel do exilio. Bos Aires 2.952).

E dando un exemplo, con “La Concordia” no 1.905 se crean moitas outras sociedades. (X.M. Nuñez Seixas, Emigrantes. . . ).

No ano 1.921 se fundan sociedades agrarias e culturais co propósito de soster as escolas e mellorar o estado social e económico da aldea, como o Centro de Renovación do distrito de Ponteareas, coa fusión do Comité Ponteareano, Hijos de Nogueira, La Antorcha de Cristiñade e Brisas del Plata.

E, así como no 1.841 se funda a Sociedade de Beneficencia dos Naturais de Cataluña, no 1.879 o fai o Centro Galego e no 1.860 o Centro Asturiano.

Entre o 1.857 e 1.870 chegaron a Arxentina 30.675 emigrantes e deles un número de fillos de Fornelos da Ribeira. No 1.918, El Diario Español, recoñece as presións financeiras as asociacións, pero aínda así, se creou a Casa de Galicia en Bos Aires, e no 1.921 a “Irmandande Nazonalista Galega”, pero o impacto mais importante para os fillos de Fornelos da Ribeira fora, entre 1.904 e 1.936, “La Concordia” a iniciativa de 37 emigrados, Manuel e José González, os irmás Ricardo e Constante Sestelo, e o xurista Rogelio Estévez Cambra (meu tío avó), quen aportaron o 74.4% dos fondos para o cemiterio e as escolas dende o 1.906.

Chegaría logo, a Sociedade “Juventud Progresiva,Hijos de Fornelos y Anexos”, fundada no 1.920 en Bos Aires e en Fornelos tamén, coa aportación de Monteagudo, como sucesora de La Concordia, dando un novo espírito cívico que se estendía a moral pública e as costumes, describindo as relacións entre ambas comunidades separadas polo Océano Atlántico. Da combinación e das chamadas de auxilio dende Fornelos canalizaron a loita, primeiro con La Concordia e logo con a “Juventud Progriva Hijos de Fornelos” (Bos Aires 1.920); mais tarde a “Unión Progresista do distrito de Salvaterra con 589 socios, o 17.4% de Oleiros, o 11,5% de Arantei e o resto de Fornelos.

Digo eu que non estaría demais LEMBRAR a importancia dos lazos entre ambas sociedades, agora que Fornelos empeza a espertar do letargo de tantos anos da triste ditadura. ¡Que pena, amigos!