Fornelos da Ribeira: A quinta curva I

Fornelos da Ribeira
Fornelos da Ribeira

No mundo da mentira non hai leis naturais que limiten as posibilidades realizables dos fenómenos. Das montañas se deslizan apracibles as augas cara os ríos; a Lúa se retira pacificamente do fondo fresco das charcas, as estrelas se pasean polo Ceo na mais louca confusión e de velas, tan atordadas e alegres, nos deixamos colgar delas cos seus destinos que non sabemos cales son.

A moitos parecerá singular que non poida dar noticia tan exacta do mundo da mentira, como a xenerosa interpretación da vida de Fornelos da Ribeira, e a filosofía da xente.

Polo tanto, vexo, observo, escoito, contemplo e escribo dende o meu recuncho sobre o mundo da miña aldea que foi a primeira mártir das loitas políticas, relixiosas do seu tempo. Por iso, Fornelos da Ribeira, debeu buscar alternativas para a igualdade, e polo tanto, defender a súa maneira de vivir, con espírito integrador, cooperativo e metropolitano da Área de Vigo, con grandes alternativas, como rexeneradora de base, que deron os emigrados, fillos de Fornelos, na Arxentina, a transformación pola razón, en oposición a santidade da igrexa que quere perpetuarse cos privilexios.

Fornelos da Ribeira, foi unha aldea que se mostra progresista, ante clerical, liberal, pensando en que xa era hora de poñer sobre a mesa as razóns do seu atraso, o celo relixioso, proclamando e garantindo dereitos, vivindo coa ilusión ideal republicana, sendo os males nos que participa a igrexa, as dúbidas do “inferno e do purgatorio”.

Hoxe, 30 de Agosto do 2.020 o mais feo que rodea o rueiro de As Fraguiñas, é a Escola das Nenas, sucias e o abandonada… cando a estas alturas o edificio está abandonado por falta de solidariedade e a axuda mutua da parroquia. Esquecida do analfabetismo da xente, do abandono da ensinanza, aquela que fora viva e fecunda dos emigrantes que fundaron as esperanzas na Escola, para resolver tódalas dificultades sociais e económicas que axitaban a parroquia.

Naqueles tempos, o centro político e relixioso era a parroquia, provista de igrexa, cemiterio, varios establecementos, tendas tabernas, para a provisión de velas, licores , pan e viño. E pouco mais.

Xunto o poder do cura abade, as almas milagreiras, os mestres de nenas e nenos, e os caciques de sempre, no manexo dos preitos. A explotación dos labregos cos caciques, e o poder dos señores das terras, sen saber manexar os asuntos básicos da vida, porque non lles interesaban.

E Fornelos da Ribeira, no tras fondo da vida aldeá, estaba un mundo social unida a os fillos emigrados alén dos mares, en contraste, entre o mundo urbano de Bos Aires, e o aldeán, no que se incluía Fornelos.

A Igrexa depositaba no Ceo, a esperanza de días mellores, xa que dos poderes vixentes nada se podía esperar, e os fillos de Fornelos da Ribeira, na Arxentina, conscientes da necesidade de redimir as políticas do campo, coa organización social, buscando solucións os problemas que aflixían a aldea, como era fomentar o desenrolo sostible, como forma de asegurarse a vida, a súper vivenda na aldea. De todas partes brotaban inquietudes e protestas, pero tamén sentimentos e esperanzas. Todo elo, remexido nun sono, para unha sociedade mais xusta e igualitaria, con esperanzas e ilusións, resaltando un harmonioso e esplendoroso cruce de realidades.