Fornelos da Ribeira: A quinta curva II

Fornelos da Ribeira
Fornelos da Ribeira

A loita sobre o protagonismo do campo, en contra do esquecemento a que estaban condenados, se viu reflexada no Sindicato, que recollidos e rescatados, alí estaban para todos. Así e que, neste labirinto, camiño da experiencia da vida, veuse o abade ecónomo da parroquia, don Manuel Álvarez, fronte os designios do sinuoso DEMO, que o crego vía intensivamente.

Dentro das historias sobre a agricultura do século XX, parece o AGRO ENLACE, 1.931, documental titulado, GALICIA E BOS AIRES, que por certo, unha cousa é contemplalas fotos, e outra cousa é ver a xente en acción E, sempre cumprindo co señor Xosé da Patricia: “Antes de beber hai que acariciala cabaza, dicindo: Iste é o que me ten a min de pé”, mentres que na casa social, Sindicato Agrícola e Gandeira, El Progreso, homes con gravata e moitos bigotes, aparecían de fronte do tinteiro para mollar a pluma e firmar, o que era o maior proxecto para Fornelos da Ribeira, no ano 1.920, e concluído no 1.931.

Pero a vida da xente de Fornelos da Ribeira, se cinxía o luns, para lavar a roupa, traballo reservado as mulleres que en cada eido funcionaba un lavadoiro. E, o mesmo tempo que se lavaba tamén se facía un repaso a actualidade. Outra, cando secaban os pozos ese ía a buscar auga a poza da Loña, onde se gardaban celosamente multitude de segredos.

O longo do río Tea, que cruza a parroquia civilmente falando, estaban as aceñas, muíños, de Rañe e Martín; na Cruz, o serradeiro de Manolo do Carrameixo. Fornelos da Ribeira, tiña boas comunicacións entre Ponteareas e Salvaterra. O carteiro chamado Serafín, un paisano, que cando se lle preguntaba pola vida, polo traballo ou pola familia, respondía: “Ol Raig”.

No eido de Cambra, se recibía El Pensamiento Navarro e Faro de Vigo, na miña nenez, lémbrome escoitar que en Fornelos non había probes; tódalas casas, soen abastecerse dos alimentos da horta, que mais ou menos todos tiñan. Todos, criaban porco, para ter carne que acompañar as berzas, patacas e feixóns.

Polo tanto, o caldo como a boroa e viño, era o básico para non pasar fame.

Evaristo Ojea (q.e.p.d.), comentaba escoitar a Manolo Monteagudo, que no ano da fame, era tanta, a que pasaba a xente, que non so comía a berza, senón os “cañotos”.

A vista deste problema, aínda que en Fornelos non houbera pobres, viñan xentes doutros lares, que sempre se despedían con un “Deus llo pague, pola bendita alma dos seus defuntos”.