Fornelos da Ribeira: A quinta curva III

Fornelos da Ribeira
Fornelos da Ribeira

Eran tempos difíciles. A situación hixiénica deixaba moito que desexar. Cando eu nacín, no eido de Cambra, non había mais que un “cagatorio”, porque as necesidades fisiolóxicas se facían na cuadra dos bois xeralmente, e para casos de emerxencia estaba o socorrido perico.

Durante a semana, practicamente ninguén cambiaba de roupa, ata o domingo; so mentes a diario se lavaba as mans e a faciana, daquela maneira. Os pes de cando en vez. Os sábados se facía limpeza o grande, para o cal se usaba o balde de dar a encaldada as vacas. A roupa se remendaba unha e mil veces.¡ Non daba para mais!
A pesares de todo, fora unha alegría para min, estrear un traxe novo dun vello do meu tío Xosé María. Daquela, ser pobre coa crise non afectaba moito, porque era difícil estar peor do que se estaba coa guerra civil.

Lémbrome sempre de Avelino da Focha, casado con Pepita Estévez Cambra, miña tía avoa, que levaba nos petos os trastes, para ter con que fumar os pitillos. O Avelino, sacaba seu librillo para liar o tabaco, collía un papel e o pegaba no beizo inferior, logo collía o tabaco que botaba na man, “pasaba a man entre as orellas e a boina”, collía a cabicha desfeita que engadía o tabaco, para aproveitalo todo, liando así o cigarro. Con el, nos beizos sacaba o seixo que era unha pedra de cuarzo, e coa mecha duns 85 cms. de longa arrimaba ata saltar a chispa que inflamara a mecha.

O lembro subindo polo rueiro da Laxe ata a Igrexa onde se sentaba nunha pedra a saborear o cigarro.
No Fornelos da Ribeira, a forma de vida das xentes era a agricultura e gandería, pero tamén había oficios e ocupacións, as cales desapareceron todos, cesteiros, zapateiros, xastres e costureiras. O idioma era o galego entre as xentes, perseguido polos chamados cultos da época, en tempos dos Reis Católicos que deran orde de falar e escribir en castrapo.

Lémbrome como na Escola Pública de Lourido éramos obrigados a falar castelá. Era triste non poder expresarte na lingua nai, e mais triste, cando o don Xosé Álvarez, nos castigaba por non aprender a falar o castelá.
Se comentaba pola parroquia unha anécdota que ensinándolle a Noé, a T con A= TA; a Z coa A= ZA, e terminaba dicindo: CUN-CA.

A misa, en latín, e o sermón en castrapo, do galego nin verba algunha.

¡Cantas barbaridades se fixeron daquela!

Precisamente, a igrexa de San Xoán, e unha fábrica de exuberante estilo barroco, construída en terreos propiedade de Teresa Távora e Álvarez de Soutomaior, onde antes estivo a Casa Forte, destacando as súas elegantes liñas arquitectónicas, edificada no 1.715 en forma de planta de cruz latina, catro capelas laterais asignadas a nave central, e en ámbalas dúas a os extremos do cruceiro. A cuberta abovedada dispón da luminosidade da cúpula central.

No seu interior resalta a riqueza da súa imaxinaria obra do escultor Domingo de Pazos, fillo de Fornelos. O Altar maior dedicado a San Xoán, e os restantes honrando a Santiago, mata mouros e San Miguel, presididos polos escudos dos Távora.

Di Galicia Máxica, que a igrexa está na pequena lomba de apenas 100 metros de altura, e que fora o serme da parroquia, o pe do cemiterio no Coto de Sá, coñecido polo Castro de Fornelos, chegando a ser concello antes de fusionarse con Salvaterra no século XIX.

Como se pode comprobar a igrexa e un magnífico expoñente do señorío, en contraposición, da Igrexa de San André de Lourido, que non pode ser mais humilde.

Actualmente un reloxo do século XX se sitúa debaixo do campanario doado a os fillos de Fornelos por Enrique Martínez Domínguez, no ano 1.965.

Segundo Sandoval e Avila y la Cueva, Fornelos pasou o arcipreste de Salvaterra, con San Miguel de Corzáns, San Paio de Fiolledo, San Salvador de Leirado, San Adrián de Meder, Santa María de Oleiros, Santa Mariña de Pesqueiras e outras mais.

Xa algúns anos antes de 1.297 Fernado IV, fixera mercé a Vasco Ozores, o privilexio das freguesías de Corzáns, Fornelos, Soutolobre e Peñafurada.

Aproveito este momento, para agradecer a Galicia Máxica, os afagos a miña persoa, sobre os coñecementos da miña parroquia que agradezo.