Fornelos da Ribeira: A quinta curva IV

Fornelos da Ribeira
Fornelos da Ribeira

Actualmente coa chegada da democracia o galego foi gañando, e o revés de antano, profesores, universitarios, medios de comunicación e a propia igrexa, sumouse a corrente, falando galego. ¡Como debe ser!

Rebobinando esta Quinta Curva, foron moitos emigrantes que a partir do 1.874 fixeron patente, dentro da relación social e organización comunitaria, a iniciativa dos Pioneiros da Concordia, no mes de abril do 1.904, dentro do Pensamento Socialista, combinando intereses, emigración- retorno-mantemento e circulación de información social, que xogaron un papel fundamental.

E, foron os fillos de Fornelos da Ribeira, os que xogaron importante papel na dinámica do cambio social, financiando e contribuíndo a articulación da sociedade civil, a quebrar o dominio caciquil, e estender a democracia participativa.

O chamamento dos fillos de Fornelos da Ribeira, os emigrados en Bos Aires, de axuda económica con fins concretos, como arranxos da igrexa, camiños, escolas e cemiterio, son feitos claros, grazas a aqueles de boa posición económica, como Manuel e Xosé Manuel González, irmás Sestelo, e o xurista Rogelio Estévez Cambra, meu tío avó.

Dende séculos as xentes de Fornelos se reunían en comunidade a chamada da alegría que contaxiaba a gaita e o baile nas Fraguiñas, celebrando, incluso actos culturais. No ano de 1.860 aparecía no eido de Clemente Francisco Cambra, profesor cirurxián, El Ingenioso hidalgo, don Quijote de la Mancha, con Sancho Panza e Dulcinea, de Miguel de Cervantes. Que vello como estaba, tiven a sorte de telo nas miñas mans. Por certo que o lin, e cuxa etiqueta de idealista se lle aplica o personaxe do don Quixote, heroe da loita polo ben, que hoxe vai mais aló do idealismo, que é a falta de interese polo mundo, e o desexo de perpetuar o propio nome en toda a terra.

Mais aló desta Quinta Curva, estaba o escrito de F. Garrido e publicado no semanario El Tea, falando das grandes dificultades da Juventud Progresiva de Fornelos, citando a Saturnino Piñeiro Groba, como no inverno do 1.918 uns rapaces sentían a necesidade de agruparse e ter un eido onde pasar as horas, lonxe das tabernas e do vicio. E foi no rueiro do Casco, nunha casa de Amadeo Monteagudo, onde na primavera do marzal do 1.919, co conseguinte desgusto do caciquismo imperante, se crea a asociación, considerada como unha sociedade perigosa, cando era todo o contrario, como mirar polos intereses labregos.

Amado Garra, Piñeiro e outros, perseguidos polas oestes do bugalismo, a Juventud Progresista, se acolle a Lei de Sindicatos, conseguindo a feira de gando, sendo unha entidade forte, organizando a Sección de Seguro de Gando, con 90.000 pesetas, mentres que dende o púlpito de Igrexa de San Xoán, se estorbaba e difamaba todo o que se viña facendo.

Do triunfo electoral, viu a República izando a bandeira tricolor pese os figuróns de sempre.

Fornelos tivo a sorte de escoitar a Blanco, Agustín Vidal e Amado Garra, ferventes republicanos Amado Guerra chegou a ser alcalde de Vigo no ano 1.932.

Eran tempos que tocaba recoller a fariña no muíño a Celsa da Marela, co seu fillo Enriquiño da Parda, cargada co saco de fariña a cabeza. E de como se xuntan dúas historias: A Agrarista, e a dos esforzos económicos dos emigrados na América, para mellorar as condicións de vida das xentes, que tan ben recolle Núñez Seixas en Redes Sociais e asociacionismo (1.904 – 1.936).

Fornelos da Ribeira, tamén tivo os seus mártires. Un deles fora o crime de PANCHO (Francisco) RODRÍGUEZ o sábado 2 de setembro do 1.911, fundador da Sociedade de Agricultores Unión Campesiña, de Fornelos.

PANCHO RODRÍGUEZ, morre con pouco mais de 27 anos, logo de retornar de Arxentina, vivindo da taberna que tiña no Anexo, San André de Lourido e que a autopsia “revela vítima de impacto de bala”.

Os agraristas e republicanos, especialmente El Tea, de Amado Guerra, abriron unha subscrición para auxiliar a familia do noso mártir Pancho (d. e. p.).

Outro foi JUAN DOMINGUEZ VIEITEZ, que un xornal recolle dicindo que na mañá do 2 de outubro do 1,920, tendido no chan, no Curxido aparece o cadáver dun home, viúvo de 74 anos do rueiro de Pedrapiñeira, e que a xustiza deu carpetazo dicindo fora de morte accidental.

A indignación subira de ton, pensando no ocorrido en Sobredo (TUI), pola protesta contra o pago dos foros.
En vésperas da Guerra Civil, o asunto seguía atascados no Tribunal Supremo, onde morreu “in secula, seculorum”. Amén, para a maior gloria de Deus.

En EL SINDICALISTA, fundado por Pablo Iglesias, venres 31 de outubro do 1.930 aparece publicado un artigo polo esclarecemento do crime de Fornelos. A Federación Agraria e Centro Republicano local, solicitan o nomeamento dun xuíz especial para esclarecer o misterioso asasinato e que por razóns de certos manexos do caciquismo continua impune.

Nesta Quinta Curva de Fornelos da Ribeira, no século XXI, temos unha forma diferente de ver a historia, a nosa historia. Cada rueiro, cada familia, cada ser, conta a súa historia conectada co pasado.

Eu os invito a que coa vosa presenza lembredes os eidos, os bosques, os diferentes recunchos da parroquia onde a historia estivo viva; as tradicións e costumes que ofrece esta terra de sono, sempre viva.

Non os esquezades que a Fornelos da Ribeira hai que ir por motivos de saúde, pola tranquilidade; hai que ir sempre porque quen cae aquí, por casualidade, se namora da terra. Hai que ir para reconquistar a historia ou simplemente para vivilo pasado.

Eu estou orgulloso de haber sido nado aquí, ¿E ti?