Como vivir a vida presente

nenos
Sempre dixen que sería feliz cando conseguiría a xubilación do traballo, que era cando lograba chegar a meta, e disto fai xa uns anos, para ser feliz e que moitos non o alcanzaron. Agora penso que nunca debemos pensar na felicidade como meta, cando podes estar en todo o camiño, como me está a pasar a min nestes momentos.

A felicidade como meta, dura pouco, pero a felicidade do camiño dura toda a vida.

O Segredo, da felicidade consiste en abrir os ollos cada mañá, a tódalas cousas que suceden no presente, no “agora”. ¿Creedes que non pasa nada? Penso en que non é que pase nada, e que os momentos non son iguais.

A os meus amigos de Fornelos da Ribeira, e todos en xeral, lles digo que observedes ben, e os daredes conta que tódolos días son únicos, novos, especiais. Nada na vida se repite, de tal sorte que sen importar o pasado e o incerto futuro, non debería importarnos porque non existe. Do que estamos seguros e do noso presente, do noso agora.

Dixo JEAN BRUYERE, que “os nenos non teñen pasado nin futuro; viven do presente que rara vez ocorre con nós”.
Non existe nin pasado nin futuro, so presente. O único que está seguro. Por iso, desfrutade, vivídeo, e dedicádevos a cultivar o grande regalo que é o día, como si fora o primeiro e o último da nosa vida.
Abride os ollos, amigos, para vivir este presente. Para maravillaros de todo o que poidades ver, de tódalas cores que tendes en Fornelos para aprecialas. Observade o Ceo, e admirade como cambia en cada momento. Maravillaros da paisaxe, e das árbores e flores. E un momento único. Eu o fago de memoria, tódolos días.

Sentádevos, nunha pedra, cómodos e anotade como e o ar, si frío, quente ou temperado. Ponde atención a tódalas cores que percibides. Escoitade os sons, e pensade como é e como o sentides. Abride o corazón e mostrade o voso aprecio con un sorriso, e un saúdo amable o veciño, porque un veciño e un universo único.
Amigos: Vivide o presente e traballade a actitude, posiblemente, mais dun, teñades algún pensamento que non teña nada que ver co vivir o presente. Non os preocupedes, mantende a actitudes positiva.

As veces a alegría e a fonte do sorriso, pero as veces o sorriso pode ser a fonte da túa alegría.

A ver se nos vemos algún día.