O día a día

virxe das dores
Esta frase de “o día a día”, que podería ser “para o día a día”, a seleccionei hoxe, para axudar os meus veciños de Fornelos da Ribeira, a establecer o sentido vital que non tiveron ata agora (Que me perdoen si non é como penso).

Eu lles propoño un exercicio de reflexión para que se reencontren co que verdadeiramente se desexa na parroquia, porque a rutina adormece, e así nos conformamos co vivir da costume diaria, propondo outros obxectivos, porque así se nos vai a vida, e non nos damos conta do que nos é o mais favorable.

A frase “para o día a día”, está na forma de espertar: Primeiro día, moitos de nós, estamos vivindo nosos sonos, porque tememos vivir nos medos. Por iso, pido os meus veciños, que os atrevades a soñar, porque isto implica enfrontarse os medos, e a pregunta é: ¿Cal dos vosos medos e o que mais os limita?

Si é o descoñecemento, ten que ser mellorado, para aprender a crecer. Agora mesmo teño dous interrogantes:
¿Como tendes mellorado o que sabedes?

¿Que necesitades saber, para evolucionar?

A traxedia non está en alcanzar os obxectivos; a traxedia e non ter obxectivos que alcanzar. Ter un por que; porque e fundamental para avanzar.

Pregunto: ¿Que é o que desexades, con todo corazón?

A vida e un 10% do que nos pasa, e un 90% de como se reacciona. O que marca a diferencia e a forma de como cada quen responde a realidade.

E me pregunto as veces: ¿Cal é a nota predominante das vosas reaccións fronte a realidade? O pracer no traballo nos leva a perfección da obra. E as preguntas son moi sinxelas: ¿En que tanto por cento desfrutas do teu traballo? ¿Cal é o nivel de excelencia alcanzado?

Xa sei que pensades que “podedes”, ou que pensades que podedes. Estades no correcto; pero a esencia do que nos sucede está na estreita relación coa forma en que nos vemos. Xa sei que os sentides capaces de lograr o que os propoñedes alcanzar, pero…

A indecisión, e para o ladrón a oportunidade, e as oportunidades son fugaces ou escasas. So as aproveitan os listos para facelo.

Cando comezades o día, e como vivides o día, e como vivides a vida. Na nosa parroquia de Fornelos da Ribeira, o maior risco e non correr ningún risco, e para avanzar hai que atreverse; e as veces o que facemos non está asegurado.

A frase “o día a día”, está aquí, onde tropezamos, porque e aquí onde está o tesouro.

Dixo Maya Angelou: “He aprendido que las personas olvidaran lo que dige y hago, pero nunca se olvidaran como lo dige”. Tamén Jim Rohon, dixo que a disciplina e unha ponte entre metas e logros. Pois ben, para nós debe ser a capacidade para aplicarnos de maneira constante e ordenadamente no desenrolo da nosa parroquia civilmente falando, e polo tanto, fagamos o que poidamos co que temos. E me pregunto: ¿Estamos facendo todo o que podemos pola parroquia, ou esperamos a que chegue o momento, e así esperando pasar toda a vida?

Non quero ofender a ninguén, pero estas pequenas pinceladas, preguntas e respostas, non son mais que unha visión positiva do pasado, presente e futuro, apoiándome nas actitudes que debemos ter e non temos. ¡Así de claro!