Colón: o secreto mellor gardado

Cristóbal Colón
Lendo o libro de Villar Serrano, COLÓN: EL SECRETO MEJOR GUARDADO, nos di que a Igrexa retiroulle a proposta de canonizalo por ser xudeu e ocultar a relixión, para financiar o seu viaxe a América, coa promesa de “ofrecer a esta a terra prometida” co apoio da raíña católica.

Polo doutor en Ciencias Naúticas, Villar Serrano, de que Colón mantivera un certo anonimato por ser xudeu, descendente de xudeus de Fornelos da Ribeira, onde os Álvarez de Soutomaior tiñan Casa Forte, no seu primeiro viaxe a América coa promesa de “ofrecer a esta a terra prometida”.

Villar asegura que o misterio que envolve o noso Colón, se debe precisamente a que tivo que ocultar a terra natal, neste caso Fornelos da Ribeira, a relixión; si ben tódolos apoios foron xudeus, dende o banqueiro da Coroa de Aragón Luís Santángel, ata a propia tripulación da carabela xudeu.

A curiosidade levoume a estudar os movementos migratorios dos séculos XIV e XV, pola persecución que sufriron os xudeus, e entre eles, está o secreto da familia Álvarez de Soutomaior.

Manteño a idea de Villar, sobre a correspondencia co seu fillo Fernando, onde di “haber moitas probas da súa crenza relixiosa xudía”. Tamén di que as cartas estaban datadas en números hebreos, e nun idioma intelixible que ben podería ser o galego daquel tempo, e a despedida lembrando a bendición xudía.

E mais: Di o autor que Colón recomendaba o seu fillo, que ante a xente se comportara como mandaba a lei canónica, pero entre nos, cita Colón, textualmente- temos que conservar as nosas costumes.

Tamén lembra Villar, que o irmá de Colón, fora queimado en Valencia no 1.493 por ser xudeu, e que tras a morte do mariño propuxera a Igrexa, canonizar a Colón, pero fora desestimada pola súa condición xudía.

Di Villar, que o navegante sabía a onde ía, cando descubrira o Novo Continente, pois contaba con información suficiente; e coñecía a distancia que ía a cubrir e o que ía a tardar, pois tiña mapas da Escola de Sevres (Francia).

Tamén di Villar que Colón se rodeara de importantes xudeus, como Abrahan e Jefuda Cresques, e entre outros, tamén, seu irmá Bartolomé Colón.

“Non se pode defender o que non se ama, e non se pode amar o que non se coñece” Aquí queda.