Aquí mando eu: ¡San se acabou!

Iglesia de San Juan de Fornelos

(Adicado os meus veciños de Fornelos da Ribeira)

Venme isto a mente de cando un grupo de fregueses cataláns denunciaron a situación creada polo párroco de tendencia “nacional progresista”, e o pe da denuncia se podería ler “Relixión en Liberdade”.
¡Home! Que a reitoral se convertera un “piso patera”, podería ser ben visto por quen cre que a Igrexa, ten sensibilidade cos emigrantes, pero que denuncien os fieles da freguesía catalana, ten pouco que ver coa caridade cristiá.

En cal quer caso, o que chama a atención e a confirmación da tese sobre o mundo do progresismo eclesial, ante a petición dos fieles para acabar coa situación. E, polo tanto, espetarlles o párroco:” A min non me da a gana, en son o párroco e se acabou”. ¡¡Carallo, coas narices do párroco!! E o que non lle guste, xa sabe onde está a porta .

¡Home! Eu son partidario da formación das xentes pastorais, para aqueles fregueses que se quedan sen sacerdotes, poidan ser levados por seglares; e polo outro, se comporte como un sarxento chusqueiro na súa propia parroquia, non me parece adecuado.

Xa sabemos que una cousa e predicar e outra dar trigo.

Precisamente me fixo graza este arquetipo de progreso eclesial, que propón unha Igrexa Nova, “mais aberta, mais plural e democrática”, pero en canto aparecen as críticas, deixa de ser aberta, plural e democrática, e pide para si tolerancia, sen conceder nada a quen non pensa como el. E así, alcanzado o “poder”, se fai déspota, se queixa e encarna como ninguén o espírito inquisidor Torquemada, do seu tempo.

Menos mal que xa hai quen lles para os pes a tempo.

Ven todo isto a conto, porque no Ceo manda Deus e na igrexa o párroco, pero nos eidos dos veciños manda miseria, que manda mais que ninguén outro.

Lémbrome da historia do cacique (na nosa parroquia houbo moitos), que se dedicaban a mercalos votos para o seu fin, indo de porta en porta a tódolos humildes e lles daba unha regalía; lles preparaba a papeleta de votar, para votar a opción interesada do cacique.

Penso non equivocarme, pero en Fornelos da Ribeira, mais dun a tiraría o chan e lle dixera: “Na miña fame mando eu”. Non todos, por suposto.

Deste episodio contaba o noso Salvador de Madariaga, no libro titulado ESPAÑA (1.931), que me regalara o emigrante na Arxentina Piñeiro, no súa viaxe a Fornelos, que facía referencia a dignidade humana e a capacidade que teñen os caciques para non soltar bridas do destino, e elixir ata a negación, como xa pasou nesta Eleccións 12X, do 2.020. ¡Como se repite a historia!