Pasado e presente dos nosos doces típicos

doce
Saborosos manxares da nosa terra, constituíron algúns dos produtos mais coñecidos dentro da nosa repostería familiar tradicional.

Aquela elaboración baseada no traballo familiar e artesanal, con materias primas facilmente adquiribles, para un pobo con medios limitados, como a fariña, azucre, ovos, mel e manteiga de porco.

Neste xeito, o uso do receitario, os ingredientes, e as formas de presentación, hoxe en día, son claves da nosa pastelería, porque os nosos doces deben de adaptarse os gustos presentes dos consumidores que valoran o produto alimenticio, e o poder de atracción do consumidor; produtos baixos en calorías, substitución de graxas animais por aceites da oliva, novos formatos e distribucións, para o éxito. De tal modo axudando a actividade comercial coas actividades tradicionais mais queridas, exemplo: As rosquillas, e melindres de Ponteareas, valoradas nas Confeiterías da Repostería Tradicional, hoxe transmitidas os xoves, con un compendio de coñecementos interdisciplinarios, potenciando a convivencia e educando no aprendizaxe, como ferramentas útiles dentro do seu procedo de aprendizaxe.

Para preservar precisamente as nosas tradicións culturais, artísticas e gastronómicas do noso pequeno eido de Fornelos da Ribeira, propoño a Asociación de Veciños coa colaboración das demais asociacións existentes, “recuperalas, indo eido por eido, na busca de coñecementos das nosas xentes sobre a composición dos nosos alimentos e doces”, para potencialos e promovelos aproveitando os coñecementos dos nosos maiores. E na Carballeira de As Fraguiñas, celebralo, con outras actividades con conferencias sobre, os contidos calóricos e seus beneficios. E ademais:

– Información útil de posibilidades, incluso proxectando de cara a elaborar as primeiras receitas obtidas da nosa xente, con grupos de voluntarios para a realización dos primeiros postres.

– Redacción dun RECEITARIO con toda a información obtida e publicada pola Asociación.

– Introducir unha reseña histórica de cada prato ou postre e o orixe.

Digo eu, por exemplo, unhas roscas fritidas, na Carballeira, tomando o mango da tixola, e mostrar a técnica para mesturar, amasar e dar forma a estas deliciosas roscas, ou ricas galletas de vainilla, ou cal quer outro pastel.

Sería una boa escusa para compartir moita sabedoría entre a nosa xente maior e os xoves.

Logo se podería facer unha “valoración da experiencia” desta primeira pedra de toque para continuar pola conservación das nosas raíces e tradicións. E dicir ca cultura da nosa terra, a xente, etc., impulsando e degustando dos nosos produtos da terra.

Eu os deixo aquí os “lazos” que ben poderían ser “lazoiros” de postre, para representar o noso Condado de Salvaterra do Miño:

– 250 grs. de fariña moída de améndoas ou de castañas.
– 150 grs de azucre.
– 2 ovos.
– Ralladuras de limón.
– Un puñado de améndoas o natural.
– 50 grs. de azucre
– 50 ml. de auga para decorar por riba.

Nun bol mesturar os ovos cos 180 grs. de azucre, e remover ata aumentar o volume. Engadir a fariña e as raladuras do limón, mesturando todo ata conseguir unha pasta consistente, amasando e deixando repousar uns 15 minutos. Logo, coller pequenas porcións en forma de lazo ou lazoiro e fornealos a 180 º durante 15 ou 20 minutos. Por riba deles o resto do azucre e auga, e logo de forneados, esfrialos e decoralos con as améndoas naturais ou outras de parecido estilo.