As Romarías en Fornelos da Ribeira

tradiciones gastronomia cocido galego
As celebracións culinarias na Carballeira de As Fraguiñas, en Fornelos da Ribeira, expresaron sempre, cales eran as preferencias das xentes da terra. Eran e son, as sardiñas, a carne o caldeiro, empanadas. Cocido e viño.

A “Sardiñada”, ven sendo a raíña da romaría de verán, sobre todo na Noite de San Xoán, padroeiro da parroquia. A “Carne o Caldeiro”, xa e moi popular. A “Empanada”, condimento de boa materia prima, sempre presente nas mesas fidalgas, eclesiásticas, especialmente asociada as romarías populares, non so en Fornelos, que é unha expresión gastronómica que Florentino Cuevillas xa falaba dunha civilización céltica, xantando boas empanadas de trigo enchidas de zaragalladas, presentes en moitas mesas.

O Grelos que casan ben co lacón, xa de tempos castrexos.

O Pan de Millo, ou pan campesiño, que temos comido o longo da historia.

Aínda me lembro hoxe daqueles anos da Guerra Civil, da nosa triste historia, elaborado con fariña de landras, trigo , millo e centeo; e nalgúns casos de castañas e legumes, para a supervivencia.

“O Cocido”, enchía verdadeiramente o ollo, construíndo a metáfora da abundancia naqueles anos escasos de todo, menos de miseria.

Non quero falar do que dixo Manuel María Puga, do seu Pote Aldeán (1.911) no día da festa do patrón da parroquia, xunto coas ocasionais vodas e comilonas, dos días do Entroido. . .

E ¿Do viño, que? Xa Julio Camba, Cunqueiro, Castroviejo e outros, tiveron que escribir sobre a instauración do viño, que demostraba ser un produto bio saudable, na cunca de barro, feita para el.

E, aínda me lembro hoxe, do difícil que era ser neno e non comer o que houbera, nin deixar nada no prato, porque a imposición obrigaba a comelo todo, de xeito que a comida era basicamente a mesma para todos.

E ¿Das mulleres, que? Eran as que alumeaban sempre nas ocasións cos seus espíritos, mesmamente a pesares dos repetidos agoiros e agonías nas que se vían obrigadas a desempeñar. . .

As “costureiras de Fornelos”, que eran un complemento para a familia. E así sucesivamente. . .

O outono no era malo para o bandullo, xa se fixera a vendima, xa había patacas novas, mazás, figo, noces, castañas para celebrar o “Samarín do celtas”, regadas con viño.

Nunca me esquecerei, mentres viva, das “fabas do eido da miña madriña”, ricas e nutritivas, apetitosas para un rapaz, como eu, de dez anos que lle deixaba o bandullo cheo de ter comido, como Deus mandaba.