Do Concello de Fornelos da Ribeira

Rio Tea Fornelos da Ribeira

Logo de crearse o Axuntamento de Fornelos da Ribeira, se dicía que coas parroquias, o valor do patrimonio ía a ser insólito, e ademais, coa riqueza paisaxística e tradicional, incluso coa “feira”, a comarca gardaría nas súas entrañas un sin fin de historias e secretos, que cubrirían a personalidade do novo Concello. Todo formaba parte, a partir de aquí, de historias e sorpresas, e porque non dicilo: “Unha incógnita sobre a práctica estendida da era medieval, que consistía en pecharse de por vida na fe. E fora en pouco tempo, o silencio dos muros os que tiñan moito que contar”. Sucedera no monte Agrelo, no rueiro da Forca, que tantas veces levara a súa “idealidade misteriosa” o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, pois servía como penitencia a moitas mulleres, que dicían ser de mala vida. Estas permanecían na penumbra dos fríos muros, ata que lles alcanzara a morte, vivindo das esmolas e alimentos que lles proporcionaban a través das fiestras con barrotes. Era un raio de luz entre a escuridade.

Un dos misterios aínda sen resolver daquelas costumes ancestrais, era que si as pobres se en clausuraban na Forca, por decisión propia ou allea, da man da Igrexa, e dos propios familiares que pagaban para que as súas fillas foran pechadas de por vida co fin de que se “salvaran cos seus rezos familiares”.

Fora o que fora,digo eu, historia lida, verdade ou mito, o que estaba claro e que isto chegara a min, no rueiro do Casco, cos rezos a diario do Santo Rosario, no eido de Cambra.

Difícil e historiar as vicisitudes daquel Axuntamento ou Concello, que polo que durou perderase na nebulosa do tempo. Eu quixera ser cazador das nosas lendas, porque din que ser cazador vale por dúas.

De non ser así, o digo polo meu blog.

Fai anos tiña vida de intrépido aventureiro e ata me daba por saír polos rueiros ata que me encontrei con unha cobra e dos calofríos do encontro. ¡Non era para menos! Camiñei polos rueiros, como digo, e me encontrei con unha cobra e o primeiro que pensei:

– ¿Que, clase de bicho pode ser?

– E seguín andando e dinme de fociños co amigo Miro, da Laxe, que aínda era aprendiz de xastre, quen me revelou o mito da cobra. Nada mais.