No arquivo XXIV

Paseo de la Canuda - Río Miño
Paseo de la Canuda – Río Miño

No Arquivo XXIV da Xunta da Historia Eclesiástica Arxentina, algo así como a realización histórica da vida das parroquias, aparece o familiar,presbítero JOSÉ MARÍA CAMBRA E RIVAS, nado como eu, no eido de Cambra, no rueiro do Casco, en Fornelos da Ribeira, emigrado na Arxentina, e dedicado a reconstrución de templos, tendo en conta o contexto social, político e económico en que estaba inmerso.

Fora polo 22 de Xaneiro do 1.880 cando fora nomeado párroco durante catro anos, con choques coas autoridades polos dereitos de sepultura e o selado legal para xestionar casamentos, a falta de pago outorgada polo municipalidade que aínda dándolle respostas positivas non cumprían cos seus requirimentos.

Na parroquia intenta facer unha renovación total, e no 18 de Maio, crea unha Asociación da Inmaculada, con 56 socias fundadoras, buscando a devoción a Virxe. A súa actividade se fortalece coa presenza do tenente c ura, o presbítero Domingo Garrido, pois José María Cambra e Rivas, o 24 de Xullo do, 1.882 era nomeado párroco de San Martín.

Hai que dicir que a presenza dun cura, como lle chamaba a xente común, era un tema central para a vida parroquial. A súa ausencia era sempre sentida. Cando se crea a parroquia, tivo que loitar por ocupar un lugar na comunidade, por parte das autoridades e da xente,do prexuízo que a súa falta causaba. As relacións humanas e o carácter, os medios económicos, a subsistencia, os roles sociais e o poder mandar, aparecen como conflitos mais comúns, entre o cura e os demais; agora ben, cando a actividade sacerdotal se fai visible nos aspectos da vida cotiá, a comunidade crece e demanda a presenza de mais presbíteros.

Imaxínome que daquela tarefa pastoral, comezara coas administración dos Sacramentos, e entón, o cura se animara e contribuíra o crecemento espiritual da comunidade, con una maior participación.

Crónicas de xornais editados en Bos aires, e facilitaron detalles das actividades relixiosas do meu parente,que ben recolle as V Xornadas da Xunta, Historia Eclesiástica Arxentina, do que o diario DEMOCRACIA, se recrea en tal senso, como a devoción a Nosa Señora do Rosario, que o pobo mostra con orgullo, e que forma parte dos bens colectivos culturais, mais queridos.

Eu fágome cargo dos numerosos escollos que o meu parente tivo que superar para cumprir coa súa misión, e me pregunto: ¿Non existiría un interese menos material na súa vocación relixiosa? Pois si; na investigación intereseime na realidade relixiosa da época, e o parecer aí estaba cumprindo con coñecemento da Historia Eclesiástica de Arxentina.