A Humanización De As Fraguiñas

turismo rural galicia as fraguiñas

O día 15 do pasado mes de setembro do 2.020, presentei no rexistro do Axuntamento de Salvaterra do Miño, unha consulta-petición, para converter a actual estrada que pasa por diante das Fraguiñas, en zona urbanizada e humanizada, dende o desvío a Cimadevila ata a rotonda do vial que vai a Salvaterra, como zona de encontro residencial.

Esta necesidade parte do desvío de vehículos pola nova estrada, para convertela en zona peonil, así como o vial a parroquia de Lourido en paseo ata o Casco, con praza e rotonda co Cruceiro.

Se incorporarían bancos, árbores e zonas axardinadas e no rueiro das Fraguiñas, unha posible pérgola, para crear sombra, que permitan os veciños reunirse a cal quer hora do día.

O proxecto contemplaría unha iluminación acorde cos tempos en que estamos, e que o señor arquitecto deseñaría, para estes casos.

Tanto os veciños, como eu, esperamos da rexedora municipal, Consello de Medio Ambiente, arquitecto encargado da redacción do proxecto, ha necesidade de reinvindicar As Fraguiñas, enclave da parroquia.

Despois pediremos unha solución para o antigo edificio da Escola Pública de Nenas, para que pase a ser propiedade veciñal, e converterse no Centro Social do pobo.

Todos temos dereito a encontrar o camiño da vida, e reintegrarnos no sono de vivir. O meu xuízo, esencial e a humanización, dignificar, consultar e pedir o Axuntamento, a axuda necesaria para renacer e cooperar na mellora da parroquia.

O porvir e noso, o pouco que transitemos polos vieiros necesitamos destas humildes cousas, para dar sentido a este amañecer que soñamos.

O futuro está nas nosas mans, e Fornelos da Ribeira ten a necesidade de concienciarse para manterse con vida.

O que pedimos non é mais que unha mellora os estamentos públicos en favor da sociedade.