A nosa galeguidade

verán galicia
Vaia por diante que non son investigador nin esperto en algo; a miña experiencia se limita o aprendido cos meus anos, e as circunstancias que me levaron a crear o Condado de Salvaterra do miño, onde expoño as miñas opinións, baixo o meu punto de vista persoal, que poderán ser xustas ou non, o rigor histórico; porque nestes meus traballos de experiencia e coñecementos recollidos durante tantos anos da miña vida, foron, e aínda son, de contactos e vinculacións coas xentes da terra, da emigración os que me sinto intimamente unido.

Falando dos desprazamentos históricos comprobados, considero pioneiros da emigración os meus antepasados de Fornelos da Ribeira, que emigraron para vivir, mais que para facer as Américas, como aves de rapina; salvo un deles, Jesús Cambra e Rivas, que morreu en Vigo.

Sempre se falou da emigración, e non das tres clases de emigración: Unha a EMIGRACIÓN EXTERIOR, individual ou familiar, de Estado a Estado diferente. INMIGRACIÓN INTERIOR, tal é o meu caso no País Vasco, dentro do mesmo país. E os RETORNADOS, que volven a terra.

No ano de 1.778 Arxentina recibira mais de 200 familias de paisanos nosos con destino a Patagonia. Paisanos nosos foron algúns do TERCIO DE GALLEGOS, que abrazaron a independencia Arxentina. He houbo un noso, de Cerdeira, MANUEL ANTONIO CASAL, que obtivo o título de médico, na primeira promoción da Escola de Menciña, establecida en Bos Aires. E, FRANCISCO ANTONIO LAMELA PIÑEIRO, de Paraños (Covelo), que chegou a ser cirurxián. Todos eles honraron a súa nova patria de adopción, vivindo e traballando nela.

Os nosos emigrantes na Arxentina foron pioneiros co “movemento asociativo” e no ano 1.879 creando o CENTRO GALLEGO, sobre a realidade galega; nace EL ECO DE GALICIA, e as ASOCIACIÓNS PATRIÓTICAS, xurdidas en moitas cidades arxentinas, da Guerra de Cuba.

No 1.926 nace a revista GALICIA, que non permanece allea os avatares da década,1.933, coa Autonomía Galega. Tamén nace no exilio a PATRIA PEQUENA, coas melloras na educación primaria, para os que viven na aldea de orixe.

Daquelas iniciativas asociativas nace a ASOCIACIÓN DE RESIDENTES DE SALVATERRA DE MIÑO, fundada no 1.921 por MANUEL PUENTE, que se queixaba dos males de Salvaterra, e do esforzo individual estéril, e da acción colectiva poderosa e eficaz, construíndo a sociedade co fin de mellorar xeralmente o distrito e o benestar de todos, creando a UNIÓN PROGRESISTA DO DISTRITO DE SALVATERRA DE MIÑO, en Bos Aires que logo cambiaría o seu nome polo actual.

O Obxectivo era socorrer moral e materialmente os socios, no caso de enfermidade, falecemento ou repatriación, creando vínculos de solidariedade entre todos os residentes na Arxentina.

E aquí cabe resaltar a MANUEL PUENTE, fundador no 1.906 radicado en Bos Aires, e fundador no 1.919 da firma MANUEL PUENTE Y CÍA.

Axudou permanentemente os emigrantes e exiliados republicanos; creando a Agrupación A TERRA, pro Centro Gallego, formando parte do Consello Galego de Galicia con Castelao, funda Nós, para imprimir AS CRUCES de PEDRA NA GALIZA, e ALBÚMS DE GUERRA: SEMPRE EN GALIZA, de Castelao.

Tamén organizou e presidiu os XOGOS FLORAIS DO IDIOMA GALEGO, editando e financiando a HISTORIA DE GALICIA, de RAMÓN OTERO PEDRAYO.

Como non pode ser de outra maneira, me sinto honrado con todo o que contribúa o desenrolamento de actividades, culturais, benéficas ou sanitarias, que amosan a nosa galeguidade. Amén.