Coa denominación de orixe: “CHAN DO CONDADO E A PARADANTA”, se crea unha ASOCIACIÓN de propietarios de terras, para a Explotación Comunitaria da Terra de:
PRODUTOS HORTA FRUTÍCOLAS da nosa horta: Pementos variados (piquillo), tomates, feixóns, leitugas, vainas, acelgas, porros e froitas para marmeladas.
PLANTAS ornamentais para interiores e exteriores.
PRODUTOS ECOLÓXICOS, que serían ben aceptados polos mercados, perfectamente presentados e envasados, acollidos os distintivos de “calidade agro alimentaria galega”.
1º).- Para ser socios da Explotación Comunitaria da Terra, os titulares do uso e aproveitamento da Explotación Agraria, CEDEN OS DEREITOS a Asociación, dos bens a explotar, con o obxecto de xestionar a explotación a elixir,podendo prestar ou non o seu traballo a explotación.
2º).- Nos Estatutos se establecerán e distinguirán módulos de participación do socios que aporten o dereito de uso e aproveitamento das terras, e dos socios que aporten tamén o seu traballo.
No caso de BAIXA DUN SOCIO, poderá ceder os dereitos de uso e aproveitamento da terra a Asociación, nas formas establecidas nos Estatutos, coa posibilidade de PERMUTA da terra por outras iguais ou similares.
3º).- Nas terras cedidas a Asociación, se poderá desenrolar cal quer actividade dirixida o cumprimento do obxectivo social da mesma, tanto as dedicadas a obtención dos produtos agrarios, como na recolección, preparación, almacenamento, tipificación, transporte e distribución e venda.
4º).- A actividade “comercializadora” será aplicable os socios, de acordo coa Lei. En todo caso, asimilados a traballadores por conta allea.
5º).- Os socios da Asociación da Explotación Comunitaria, terán cada un un voto.
6º).- O ámbito da Asociación se fixará nos Estatutos.
7º).- Tamén se fixarán nos Estatutos as aportacións obrigatorias mínimas a capital social.
8º).- Os BENEFICIOS pola cesión do uso da terra, serán retribuídos o uso da zona.
9º).- Os PAGOS, se acreditarán, segundo a actividade desenrolada por cada un deles, así como os beneficios que haxa que abonar pola cesión do uso das terras aportadas.
10º).- Os Estatutos da Asociación sinalarán os procedementos para valorar as terras cedidas para a explotación en común, para o uso e aproveitamento das mesmas.
Para a defensa e promoción dos seus intereses, esta Asociación poderá asociarse libre e voluntariamente con outras similares, adoptando as medidas necesarias para fomentar o asociacionismo e a colaboración e asistencia de outras entidades similares, garantindo a liberdade e autonomía das mesmas.
Os nosos campos están en situación privilexiada para a actividade da produción de materia prima de orixe vexetal, como acelgas, allos, alcachofas, apio, arándanos, berenxenas, berros, brócoli, cabazas, cebolas, ceboliñas, coles de bruxelas, coliflor, endibias, espárragos, espinacas, ervellos, fabas, leitugas, pepinos, patacas, pementos (piquillo), froitas como cereixos, cirolas, cítricos, pereiros, figueiras… Flores de interior e exterior e PRODUTOS ECOLÓXICOS, hoxe tan de moda, que chegan a diario a mesa dos consumidores.
Debe estar conectado para enviar un comentario.