Así é o noso Fornelos da Ribeira, como o foi o Monte das Ánimas para Gustavo Adolfo Bécquer a chamada Soria. Conta a lenda o ocorrido a un mozo chamado Alonso cando intentou compracer a súa prima durante a noite dos defuntos e Tódolos Santos, aló polo ano 1.851 cando o Coto de Sa so era un monte.
Por aquel entón, se descoñecían as lendas e historias, tanto do Coto como do Monte das Ánimas de Bécquer, no día dos defuntos. O parecer o “Monte das Ánimas”, pertencía os Templarios que eran guerreiros e relixiosos a vez. Cando os árabes foron expulsados de Soria, o Rei fixo vir os Templarios para defendela vila, o que ofendeu os nobres de Castela, creando a rivalidade entre eles. O Monte terminou sendo abandonado e na capela, enterrados uns e outros. Conta a lenda, que na noite dos defuntos as Ánimas do Monte corrían xuntas cos animais, e ninguén estaba alí, para contalo.
Non sei eu si habería algún castigo eterno, ou algunha conexión que encaixe con o Coto de Sa, pero cando menos hai certa idea dun confrade que rendía froitos deste pasaxe recadando fondos con os que din mirar polas ánimas do defuntos. De aí monte e coto.
Era eu un meniño cando me contaban que cando chegaba a noite de defuntos se escoitaba a campá, e que as ánimas dos mortos, envoltos en sabanas corrían por entre os piñeiros e silvas, e que as raposas e cobras daban horrendos asubiados. E por si non fora pouco, aparecían no coto as pegadas descarnadas dos esqueléticos pes.
Posiblemente mais de un dos nosos emigrantes na Arxentina, posiblemente tamén algún familiar meu, pasara algunha noite de defuntos no adro da Igrexa, sen poder saír de alí, e antes de morrer puidera contar, dende Bos Aires, como ía a contribuír con cartos para a construción do Cemiterio Cívico Relixioso do Coto de Sa. Meu tío avó Rogelio Estévez Cambra fora un deles.
Vello, como son, aínda hoxe me pregunto si sería certo de que algún veciño vira os esqueletos dos defuntos de Fornelos, e algún crego enterrado no adro; ou tamén o punto da oración para perseguir as zorras, as mulleres fermosas cos pes espidos arroxando berros dando voltas a Igrexa, pensando que ían a levantalas tumbas que existían.
A finais do século XIX, mais ou menos, alguén recopiara as tradicións da caza en Fornelos, e a xente aínda cría ver na noite vagando as ánimas do purgatorio sobre os esqueletos cubertas cos panos mortuorios esperando as mozas e mozos para secuestralos e levalos a Deus. A Santa Compaña dos Templarios estaba formada por cabaleiros (En Fornelos había algún), que o haber falecido sen confesar estaba condicionado a vagar como fantasma, servindo de mensaxeiro para animar os “pecadores” de Fornelos da Ribeira o seu próximo falecemento. ¡¡Ollo, porque no próximo podo ir eu!!
Debe estar conectado para enviar un comentario.