As bandeiras na igrexa de Fornelos da Ribeira

Iglesia de San Juan de Fornelos
Fornelos foi como outras, unha aldea de emigrantes, e penso eu que debería estrearse a “ser a aldea do mundo”, cos que celebran o Día do Emigrante.

A cor de tantas bandeiras do mundo decorando a carballeira das Fraguiñas en homenaxe a eses homes, sería algo excepcional e un recoñecemento do ARCO DA VELLA desta nobre terra.

Tódolos pobos que habitaron a Península Ibérica, utilizaron algunha ensina para identificarse. Así ocorreu, mais ou menos, na nosa parroquia cívico relixiosa, para anunciar as nosas festas e romarías. Foron os árabes os que introduciron a bandeira tal como a coñecemos, ondeando no campanario da igrexa, nos estamentos oficiais.

A historia nace coa Reconquista, adoptando paulatinamente as bandeiras o estilo dos seus inimigos musulmáns. Así nas bandeiras dos monarcas dos distintos reinos, no século XII, cores e emblemas se repartían o longo dos séculos seguintes: Castelos e leóns e barras aragonesas cataláns. As cadeas de Navarra, ata que Afonso X o Sabio, as regulamentara nas Sete Partidas.

Logo, Afonso XI e Carlos V continuaron coa costume, e o ditador Franco, resucitou no seu estandarte persoal. Os Reis Católicos, a usaron coa Banda de Castela, adornada con xugos e frechas, coa célebre frase: “Tanto monta, monta tanto”. Juana A Louca, co seu Felipe Fermoso mostrou os arranques das ramas cortadas, coa súa cor vermella sobre fondo branco.

No 1.700 coa reforma se impuxo como norma xeral a cor branca considerando a Cruz de Borgoña, pero o parecer producía erro no mar, e o rei Carlos III, tomou a decisión de adaptala para os buques elixindo a que hoxe coñecemos como bandeira de España.

Durante a Guerra da Independencia, 1.814 – 1.833, se adoptaron bandeiras de deseño propias, pero a cor vermella e amarela se impuxo como representante da nación española.

Por Decreto do 13 – 10 – 1.843 as bandeiras e estandartes de tódolos corpos e institutos que compoñen o Exército, Armada e Milicia Nacional usarán iguais cores a bandeira española.

Na proclamación da 1ª República non supuxo cambio algún, so suprimindo a cora real. No 14 de abril de 1.931 proclamada a 2ª República se adoptou a formada por tres bandas horizontais, de igual ancho, sendo a vermella superior, amarela a central e a morada escura a inferior que tamén ondeou na igrexa de San Xoán de Fornelos, ata 1.938 moi a pesar de moitos fornelenses. Logo figurou a aguia dos Reis Católicos con distintas variación que tamén luciu o campanario da igrexa, e dende 1.978 ondea dando forma e ensina, a representación da nación española xunto coa galega. Asi foi e así queda.