Apuntes para a historia de Fornelos da Ribeira

Castillo y Torre de Fornelos
Os Señores Ozores, ausentes da terra

Segundo as regras sucesorias dos morgados, o falecer Pedro López de Lemos, sen descendencia, a súa lexítima herdeira fora a súa irmá Constanza, pero como esta xa había falecido, esta recaera no primoxénito García Ozores e Soutomaior, que o igual cos seus irmás, era menor de idade cando falecera seu tío materno, e se encontraba baixo a tutela de seu pai, Fernando Ozores e Soutomaior, bautizado no mes de agosto do 1.644 en San Martiño de Arroxo. Tanto García Ozores, como seu pai, seus irmás, Baltasar e Joseph Ozores Soutomaior, e seus tíos maternos defenderon a San Xoán de Fornelos e Salvaterra fronte a Portugal.

1. Sen embargo di a historia que seus éxitos profesionais non aparecen no eido familiar, pois aínda que estivo casado con Catalina Meira e Sarmiento, a única herdeira do primeiro marqués de Valladares, falecera igual que seus tíos maternos sen descendentes.

Teño entendido que residían en Pontevedra, no século XVIII. Polo tanto a beneficiaria da casa fora a súa irmá Xoana Ozores López de Lemos que exercía de “señora de onor de la Reina Nuestra Señora” na vila de Madrid.

2. Familia dominante nestas terras fai constar nun memorial dirixido o monarca, solicitando lle perdoara os dereitos de media annata e lanzas, que tiña que pagar por ser herdeira do seu defunto irmá, lamentando da “cortedade de medios, dos crecidos empeños contraídos para manterse de 26 anos a esta parte, que serve a V. Mag. na referida calidade, e dos gastos pola educación dos fillos, pedindo que se lle perdoen os mencionados dereitos, polos días da súa vida” en que pouco se poderá prexudicar a Real Facenda.

Debo sinalar que o patrimonio non se limitaba so mentes a herdanza, senón tamén, as compras, foros e leiras que en Goiende, tiñan moitas, e servían para melloralo o patrimonio nos últimos séculos da Baixa Idade Media e nos albores da Idade Moderna, deixando a familiar nunha situación acorde co liñaxe a que pertencían.

O morgado de Teans, outorgado a Fernando Ozores Soutomaior, en Salvaterra, prometido a “entregar a súa futura dona, “por quanto es donçella y de ylustre sangre y generación. 2.000 ducados por vida de arras” o que lle supuña unha dote do 44,4% da dote. O morgado herdado por García Ozores, do seu pai, tiña as súas orixes na mellora de tercio e quinto con gravame de vínculo realizado polo seu catro avó paterno Vasco Ozores en Goiende, en testamento outorgado o 9 de xaneiro do 1.544 incluíndo os cotos de Teans e Penafurada.

3. O crecemento foi de García Ozores, fillo primoxénito da mellora de Vasco Ozores; Fernando Ozores, fillo de García Ozores e de Aldonza de Soutomaior, foi por testamento outorgado o 24 de xaneiro do 1.564 mellorando o primoxénito Diego Ozores, lexítimo herdeiro do morgado. No século XVIII, comprendía as xurisdicións de Teans, Covelo, igrexas e capelas, así como a fortaleza de Santa Columba de Soutolobre e pazo de Santiago de Covelo.

4. A xurisdición de Teans, estaba composta polos cotos de Penafurada, San Xoán de Fornelos, Corzáns e Soutolobre. Nelas, ademais das regalías de nomear os oficiais xurisdicionais percibían “cartos por servizos” de vasalaxe. A metade “da barca de Monçao, que atravesaba o río Miño ata o coto de Penafurada, e o mesmo tempo se encargaba de administrar a sisa de viño na feira de Santiago de Covelo, e outras sisas que percibían.

5. As igrexas e capelas estaban baixo o padroado dos señores de Covelo e Salvaterra. Tamén San Salvador de Leirado, que posuía o dereito de presentación como patrón da capela e do sepulcro do que se había enterrado unha parte dos seus antepasados contabilizados no 1.713- 1.718.

6. Nalgunhas ocasións, tal era o caso de San Xoán de Fornelos, do patrimonio arrendado temporalmente a cambio dunha renda fixa en metálico. Un fora Manuel Pereira de Castro e outro Xoán de Cuevas.

7. Os informes dos párrocos sobre os fregueses eran fundamentais aportando si eran pobres ou ricos, como o de Santa Columba de Penafurada, que declaraba “ que na súa freguesía non coñecía ningún veciño pobre que mendigue”, xa que todos teñen terras e viño, excepto catro labradores do medio caudal, que o crego Pedro de Castro, con capela e patrimonio e acomodado. Mentres os mordomos afirmaban descoñecer o que pagaba cada vasalo “porque sempre estiveron a cargo dos pensionistas ou cabezas de foro, excepto algúns casos de pobreza.

8. O párroco de San Xoán de Fornelos deixa bastante claro o “modus operandi” dos vasalos o afirmar que “por acá todos quieren ser pobres, y por eso, ningún pensionista tiene memoria algunha con que sino es cinco o seis memorias, no ha visto otra” ,indicando que, como moito había unha ducia de pobres, pero “todos compran pan e o que compra pan metade do ano,farto pobre é”. Mais ou menos tamén así se expresaba Martín Carrera Bugarín, mordomo dos Teáns.

9. Por curiosidade direi tamén que a barca de Filgueira, fora arrendada no setembro do 1.714 por tres anos, cunha renda anual de 1.100 rias e 6 xamóns, e no setembro do 1.717 en 1.160 rias, 8 xamóns, ademais da explotación de Sa e Teáns.

10. Os servizos de vasalaxe que debían cobrar na xurisdición de Teáns, no 1.713 – 1.718 por Fornelos eran de 39 casados, 22 viúvas e solteiras. Corzáns, 7 casados, 5 pobres, 4 viúvas e 5 solteiras. Soutolobre, 6 casados, un pobre, 4 viúvas e 5 solteiras. Penafurada, 22 casados, 9 viúvas, 4 solteiras, facendo un total de 678 rias.

11. Os encargos do Nadal, do 1.717, por exemplo, realizados en Teáns, consistían en 6 caixas de ameixas e outros froitos, 6 pares de calcetas finas da vila de Baiona, e sete arrobas de aceite, así como outros pequenos recursos, para o apoderado xeral e o intendente xeral das Rendas en Santiago.

12. A evolución marcada pola explotación patrimonial territorial de forma directa, era a consecuencia da cesión de bens por foros e arrendamentos. Teño entendido que a casa solar do rueiro do Casco, mercada no seu tempo por Xesús Cambra e Rivas, fora arrendada coa súa capela, horta ,viñedo e campo, o seu pai, Clemente Francisco Cambra e Vilas, profesor cirurxán, por 330 rias, cantidade que non fora percibida pola administración, por non ter orde de cobrar no 1.812 seguindo en mans de Clemente Francisco, logo adquirida en compra polo seu fillo Xesús Cambra e Rivas o seu regreso de Arxentina.

Faime graza os rasgos distintivos dos nosos fidalgos coa súa ostentación na vida cotiá, con unha serie de valores, condutas e xestas,para lexitimar a súa destacada posición social e económica. A Casa de Teáns, correspondíalle as xurisdicións do Rosal, Eiras, Ponteareas, Fontenla, Salvaterra, As Neves, Tortoreos, Leirado, Corzáns, Fornelos, Penafurada, Soutolobre e Tui.

ARBORE XENEALÓXICO

De García e Xoana Ozores de Teáns.
XOÁN RODRÍGUEZ NOVAES, casado con Isabel Rodríguez, tiveron por fillos a:

    1. Xoán Rodríguez (Clérigo).
    2. CONSTANZA RODRÍGUEZ NOVAES, casada con Gonzalo de Avalle. (Sen datos)
    3. VASCO OZORES, casado con Ana Paez de Soutomaior tiveron a:

      1. Antonio Ozores (Sen descendencia).
      2. Outros fillos fora do matrimonio (3 fillas e 3 fillos).
      3. GARCÍA OZORES, casado con Aldonza Soutomaior, tiveron a:

        1) Diego Ozores, casado con Inés de Castro (Sen fillos).
        2) Fernando Ozores, casado con Antonia Silva, tiveron fora do matrimonio, 3 fillos e 2 fillas.
        3) GARCÍA OZORES, casado con Inés de Cambra, tiveron a Francisco Ozores, casado con María Feijóo e outros fillos fora do matrimonio.
        4) FERNANDO OZORES, casado con Constanza Lemos, ademais de fillos fora do matrimonio tiveron a: GARCÍA OZORES, que tivo, ademais de fillos fora do matrimonio, a Xoana Ozores, casada con Sancho Arias e García Ozores, casado con Caetana Meira sen descendencia.