Se buscan valentes

A cara oculta. Gota de agua.
No meu Fornelos da Ribeira, nos anos 1.904 e un pouco mais había a chamada Casa do Pobo con unha fermosa biblioteca, tan grande, se dicía cando pequeno, como a Igrexa de San Xoán. Ambas cumprían o mesmo destino: Unha non servía para ren, a dicir dalgún veciño, e outra, porque cando abría estaba a xente traballando. A Igrexa non acudían porque os devotos prescindían dos sacrificios inútiles, habendo tabernas dabondo, e non se cansaban de rubir a costa das Fraguiñas ata a Igrexa. Como era mester.

Así as cousas,me comentaban sendo neno, de como un veciño de Fornelos que formaba parte da policía secreta mandou queimar a casa do pobo e con ela, a biblioteca para castigar os despoxos levados a cabo polos inimigos da relixión. E vendo a inutilidade da biblioteca comentada polo crego da parroquia, aínda mais.

Non teño constancia de que as xentes de Fornelos votaran en falta a Casa do Pobo, e menos aínda a biblioteca, formada polas axudas económicas dos nosos emigrante na Arxentina, con libros e revistas demostrando a grandeza de espírito que tiñan polas súas xentes.

Teño entendido que para a Casa do Pobo, comezaran a chover libros, entre eles os Manuais do Carpinteiro, albanel, zapateiro, xastre, costureira, así como se guisaba o bacallau, etc.

Non vou a nomear os filántropos que pretenderon renovar espiritualmente a xente de Fornelos, cos súas axudas económicas para a formación cultural e cívica da parroquia.

Novamente me lembro de Miro, o fillo do “cagalleta” con todo o meu respecto e cariño, cando ámbolos dous, visitamos as ruínas rubido nos escombros exclamou: “Mataron a cultura”. ¡Que razón tiña!

Eu quedei me parvo, pero logo dime conta de que tiña mais razón que un santo.

Hoxe alí está como espanta paxaros preguntando que falla para non facer algo por ela. Ninguén e capaz de levantala e aproveitala, aínda que so sexa polo respecto os veciños de Fornelos na América. Si hai un euro para a Igrexa como entrada de preferencia no Ceo, tamén creo eu, podería haber un euro para a Casa do Pobo, deixe de ser un esqueleto.