De cando o noso eido tiña varios deuses

deus señor
Tal como o lo digo. Aló pola Idade de Ferro, cando o noso eido aínda non tiña o nome de San Xoán de Fornelos, existía na nosa mitoloxía, unha concepción xeral do mundo e da vida, con unha reflexión específica sobre o Mais Alá.

Nun libro escrito por Manuel Gago Mariño, chamado “Vento e Chuvia”, dinme conta da implantación da revelación das orixes, poderes e localizacións dos cultos no noso eido, sobre todo, no chamado coto de Sa, onde se aparecían entón, virxes e santos proliferando por todo o noso territorio galaico.

Algo sabemos do Castro de Troña, en Ponteareas, polas serpentes, por exemplo. Tamén, das Lavandeiras, que eran espíritos que aparecían nas noites de Lúa chea, nas beiras dos ríos, sobre todo nas aceñas, onde as mulleres lavaban as sabanas sanguentas dos partos.

As Meigas,con coñecementos da maxia e das artes, chamadas menciñeiras. rivalizadas coa Santa Compaña.,próximas os curandeiros druídas: “Eu non creo nas Meigas, mais habelas hainas”.

A Marimanta, ou meiga do saco, que roubaba os meniños metidos nun saco.

A Feiticeira, que vivía nos ríos e regatos; aínda vella paseaba a súa fermosa voz e feitizaba os nenos para metelos no río e logo os facía desaparecer.

A Vedoira, experta en contactar co Alén (Mais Alá), predicía sobre os falecidos que gozaban eternamente do Ceo e dos que seguían penando no Purgatorio.

Pepa a Loba, con certa relación coa Raíña Lupa, e a Peneira dos Lobos. Os Sacaúntos, o Enxamio, ou Santa Compaña, que percorría vieiros e bosques,tan presente no noso folclore. Os Trasnos, ou Demo invisible. O Diaño, tan maligno como o Trasno. O Urco, ou can do Urco, que forma parte do noso Entroido de Carnaval, capaz de tragarse 20 sacos de patacóns coa mesma facilidade que o burro do Manuel de Concha se tragaba os graos da cebada.

Tamén por ter, temos as Pedras abaladoiras, como as do Castro do Faro, no Porriño, que proceden da noite dos tempos, pendurando con sentimento no noso eido xa antes da noite de San Xoán, patrón da parroquia da hoxe San Xoán de Fornelos.

A lenda dos Mouros no Eido Vello, en San André de Lourido, onde se di que unha velliña collera poliños douro e os levara para o eido de Forneliños, pero cando chegou, habían desaparecido.

Logo, sendo xa San Xoán de Fornelos, naceu a festa máxica coa chegada do verán. Noite de amor, solsticio do verán, que vence a noite polo Deus Sol.

Quedan aínda moitos, pero lembraremos a Trebaruna, aquela deusa do fogar, procedente do céltico “trebo” (home) e runa (misterio). Da deusa Serpe, escondida nas fragas e comendo as xentes para logo asubiarlles. Foi todo un número.

Non vamos a esquecernos das Pupieiriñas, diminutas como elas soas que se alimentaban das migallas de pan, rápidas e silenciosas.

O Pan de San André, coas migallas se facían os “sanandresiños” na romaría de Lourido.

O Alumeo das leiras, propiciando a abundancia, porque si o cuco non viña entre o marzal e abril, se perdían as colleitas.

Con todas estas historias se foi facendo o noso territorio chamado hoxe, Fornelos da Ribeira, que dan explicación a orixe da terra e dos desastres naturais. E dicir: “Tódolos eventos que non se podían entender polos nosos antepasados e que os santos cristiáns herdaron, mais ou menos, aquí os temos”.