¡Por que cantan os galos!

galo
Despois do enredo dos galos de Fina da Taberna e a miña madriña, co conto dos galos, hoxe falo de cando pequeno, no eido de Cambra, escoitar cada mañá o canto do galo era un suplicio. E preguntaba a miña madriña Alfonsa, porque as aves non necesitaban ter luz do sol, para espertaren. E me comentaba que tiñan un reloxo interno que as alertaba da hora do amañecer, incluídos os cambios de estación. ¡E curioso! Logo, fun estudando sobre a base xenética dos comportamentos innatos destes animais, como o “cacarexo dos pitiños” descubrindo que os machos non necesitan sinais externas da luz para cantar.

Interesoume a investigación feita con galos expostos doce horas a luz e doce horas a luz débil, durante 14 horas, co resultado de que os galos comezaron a cantar dúas horas antes da chegada da luz o amañecer. Outro experimento fora mantelos galos baixo 24 horas de luz débil, durante 14 horas, e notaron que os galos cantaban as 23,8 horas. Cando pensaban que era o amañecer.

¿Porque canta o galo, subido nunha valla de madeira, co gargallo alzado e o peito inflado, emitindo o seu kikirikí?

No meu tempo de meniño, pensaba que cantaba para saudalo día. Pero non: ¿Porque canta o galo? Pola xerarquía e sexualidade. E dicir: “Facendo ostentación do seu poderío co seu pavoneo, coa súa coloración e inchazón da crista e o seu insinuadores cantos.

As veces penso estar no galiñeiro da miña madriña, observando o galo marcando seu poderío e delimitando o seu territorio e os das galiñas. De tal maneira que tras cada canto, espera a súa resposta, e si a ten, reina a tranquilidade e o silencio; pero si lle contesta outro mostrando súa aspiración, comezará a rivalidade: Primeiro cantará, logo si e preciso pelexará. De aí que, non é frecuente encontrar galos no mesmo galiñeiro, porque de ser así pelexarán entre eles.

O galo co seu canto quere mostrar que as galiñas son súas, e que el está activo sexualmente. Ademais, co son, as galiñas non so andan mais estimuladas, senón que, o están con maior frecuencia.

De cando neno, o galo cantaba todo o día. Con moita sorna me dicía Constantina da Reloxa de Lourido (q.e.p.d.), que as galiñas lle dicían o galo: “Ven e aparéate con migo”.

Xa sabedes que o cometido do canto do galo non ten ren que ver co amañecer nin co sol. O seu e espantar os machos e atraer as galiñas. Por iso repiten o canto moitas veces o longo do día, sobre todo o mediodía, a media tarde, e de madrugada, para deixar clara a súa altivez.

“Cada galo canta no seu galiñeiro, i o que e bo, no seu e no alleo” ¡Ollo! Cos mal pensados que sempre houbo no noso Fornelos da Ribeira.