¿Como convencer o demo nestes tempos?

demo
Porque neste século XXI, e innegable que o Demo ten poderes de convocatoria, ¿Ou non? E isto xa non e perdurar, senón fastidiar o próximo, séculos e séculos ata o final do mundo, enchendo as igrexas onde non cabe un alfinete. ¡E o Demo, ese señor! Se ve cando o crego alza a Cruz dourada.

Hai quen dicía no Fornelos da Ribeira que era a Cruz de San Benito, o exorcista, anunciando o Santo Rosario.

“No nome de Cristo. . .” E o Demo enchendo a igrexa de San Xoán, sen dicir ren de ren. E ese vello Demo seguindo enchendo a igrexa. E o crego “ante o Demo, so lle quedaba agarrarse a Deus, ou ir os exorcismos”, porque o traballo demoníaco e sutil, aínda que a verba de Deus, sexa de tremenda actualidade. “Luz Fea”, dicía un veciño de Fornelos: Sae de aquí, que estás sobrando, que queres posuír os corpos dos meus veciños.
E parecía polo momento que o vello Demo, o rabudo troleiro na igrexa, era quen falaba.

Supoño eu que se dera conta de que había que baixar o pistón cando falaba dos políticos, que dun xurar da lexitimidade do Santo Anxo, se sentía orgulloso, e o crego, sacando o Demos dos peitos alleos.

Aquel veciño de Fornelos, dicía que o Demo falaba 15 veces e mentía 20. E o vías rezando porque si se negaba non podería chegar os demais.

¡Coidado! Que levantaba os brazos.

E cantaba:

Cristo vence, Cristo impera, Cristo reinarás . . . namentres esperaba o sancristán que ía dicindo que o que estaba a ver non era un cisma, senón, mais ben,un conflito laboral. E non era de agora, que xa viña de lonxe. E dicía que lle contaran que xa Deus reunira no Ceo, o comité dos Anxos, e lle dixera que a produción celestial ía en caída libre, e que había que rebaixalo salario, mentres que o Demo e uns cantos se largaron rachándolle o patrón. O que non sabía, o amigo sancristán, era que un porcentaxe elevado de anxos habían abandonado o Ceo, e formalizada unha empresa chamada INFERNO.

E a isto respondía o sancristán que era mellor un amigo tolo que ningún. Tolo, porque o Demo bíblico e realmente un heroe e un santo que quere para a HUMANIDADE o que Deus quere para os xudeus.

Hai que ter en conta que Demo e Lucifer non eran o mesmo ata o século 4º no Concilio de Toledo. E, ademais os rasgos dunha persoa posuída era igual a esquizofrenia nunca tratada: Cuspes, rabia, co Demo da envexa da maldade, das ansias do medo, e da ignorancia que está dentro de cada quen, en maior ou menor medida, e o INFERNO que creamos nos na Terra, para mais INRI. ¿E verdade ou non?