A nosa aristocracia, no século XX

aristocracia
Dicía Georgina Greco, que os nenos e nenas da época (século XIX), alcanzarían a cultura que lles daba o gravar na memoria o Catecismo, aprender a bordar, a bailar o vals, e tocar malamente o piano, que vestía moito na aristocracia daqueles tempos pasados.

Lémbrome en Vigo, de familias como Arines e López de Neira, de grande renome na cidade,sobre todo Amparo, que me ensinou Solfeo e piano, na súa casa da rúa de Lepanto. O cal me levou en mais dunha ocasión a tocar “Viva Navarra”,no piano que fora da parente Rosa Ángela Cambra e Alegre de Losada, que en paz descansen todos. Eran outros tempos. Sen dúbida algunha eran outros tempos. E neles, estas mulleres se levantaban pola mañá, se acicalaban para saír a pasear; se encontraban unhas e outras, para ver “os vendedores de paxaros”. Non había mais.

Naquela época as camas eran de madeira de caoba, vistas a través da misteriosa luz, das primeiras horas da mañá, e as cortinas de damasco vermello, gravadas no meu cerebro como si foran dun buril de fogo. Na cabeceira da mesa, un sillón dourado con forro damasco de cor de sangue fría, e coroado con un adorno.
Para aquela xente se vendía un emporio de elegancia e luxo.

Lémbrome das visitas familiares e ver as frescas e brancas pezas de liño, que o novelista Payno, afirmou tamén ver no capricho e bo gosto das femias. Precisamente en “Los bandidos de Río Frío”, se recrea a imaxe da femia provocativa, cando sinala que era unha muller fermosa, de boas cores, ollos negros e malignos. Avultados peitos, como si estiveran inquietos para saír a rúa, movéndose dentro dunha camisa fina bordada en cores, que os seus 80 anos, enfermara superando as tentacións, facendo milagres, e realizando profecías na compaña de Xesús.

Naquelas épocas de longas enaguas de deslinguadas lentellas, camisas bordadas de flores, escandalosos colares e rebotes de bolas artesáns bordaban a historia. A moda daquel tempo non se acollía a lei dos homes senón as das cousas: “Abrigo elegante, vestido branco, accesorios lixeiros que implicaban confusión ente o pasado e o futuro. Entre o que se decide e o que ha de vir.

Era como unha indumentaria coa súa simboloxía a través da cal se representaba o traxe esteticamente moldeado as necesidades daquela sociedade: “Pureza para a relixión era o branco”.

En suma que, con estes atributos a lenda debía servir de exemplo, aínda que os índices de pobreza e marxinación eran altos.

Sinto pena do meu corpo e sen recurso para evitalo. Serei so un corpo, un vulto, pasará o tempo e non me atrevo a cambiar de sitio. A fora hai un completo silencio. A paz non e grande,¿Será xusta e equilibrada? No terreo relixioso, aínda que eu son agnóstico, ¿Verei a Deus con tódolos respectos que se merece, ou mentres tanto seguirei sendo agnóstico? ¿Quen o sabe?