A vellez deixala andar. . .

poeta poema vellos

(Supoño que estará de acordo con migo Pepe Peaguda, da Cruz de San Andrés de Temperley, Arxentina, que me le con frecuencia).

A verdade é que xa estamos nela, amigo Pepe, e acudimos cada día o consello da vida, que é a vellez a morte, cando nos chegue.

Eu, pola miña parte, non podo dicir que non estea contento coa vida en si, e non lle teño ningún temor a morte, pero deixémola estar aí, canto mais lonxe, mellor ¿Non che parece Pepe? Non quero ser necio, quero seguir sendo feliz na vida, evitando miserias e sufrimentos para ser un mozo vello, que vai vivir ata o amañecer.

O tema da vellez non e novo, o que si e novo e a prolongación da vida a partir dos adiantos tecnolóxicos e científicos; dos cambios socio políticos, e das ganas de vivir que temos.

Eu como Pepe e outros, loitamos polo envellecemento, pero o envellecemento chega por mais que loites, incluídas as depresións ou outras adicións.

O envellecemento e a morte poñen de manifesto o finiquito da vida, e nos planta preguntas entre o absurdo e o súper sentido. O envellecemento non e soa mente decadencia, por iso vive unha vida mellor, mais transcendente. Aceptar unha condición activa e valente, porque vivir significa responder, sentir e aceptala.
Hoxe cobra importancia os valores; e dicir: “A filosofía da vida, a sabedoría e o significado da vida” E ser vello, posibilita unha alternativa psicolóxica e filosófica na percepción da morte. Nos leva a un espertar da responsabilidade ante a vida en vez de negar a existencia da morte.

Por iso animo os meus veciños de Fornelos da Ribeira, a descubrir cada día, novos significados da vida, saíndo o encontro do humano en forma de solidariedade e creación de comunidade na parroquia. Eu lles digo os meus veciños que realicen tantas actividades como necesidades teña a parroquia, axudando as xentes a encontrar unha vida significativa. A defensa da dignidade da vida, que debe ser unha reflexión cotiá iniciada dende as escolas infantís para proseguir o longo da vida, deixando a morte para o punto final.

Eu humildemente me dirixo os veciños de Fornelos da Ribeira a aceptar o desafío da humanización neste ano envellecendo coa dignidade e plenitude no sendeiro que nos da a razón para vivir. Unha aperta.