Os Cambra, Carlistas en Arxentina

cambra
Teño dúbidas de que os meus parentes, fillos de Clemente Francisco Cambra de Fornelos da Ribeira, emigrados no Bos Aires, se foran baixo a bandeira que combateran no ano 1.806/1.807 contra o invasor británico, testemuñas o Estandarte de Granaderos Voluntarios de Bos Aires, que se conserva no Museo de Luján, a poucos metros da residencia da Patroa.

Venme a memoria a devoción polo apóstolo San Andrés, o longo da Cristiandade representada pola aspa e troncos cruzados cos seus nos, que fora insignia da Casa Borgoña dende o século XV, sinónima das liberdades forais, fronte o centralismo.

Soñando, algunha que outra noite “vin os galeóns coa aspa de San Andrés enfrontados cos barcos piratas ingleses, franceses e holandeses”, o outro lado do Atlántico.

Os Borbóns utilizaron seu propio escudo, pero a Cruz de Borgoña continuou nos estandartes militares. No ano 1.785 se introduce a “roja y gualda” nos buques, e no 1.793 nos portos, pero a “borgoña” seguía ondeando. Incluso, na Florida e Alabama (EEUU), e nos fortes históricos de San Juan de Porto Rico.

Quizais, coincidindo con algún dos meus emigrantes familiares, polo 1.843 a “roja y gualda” era utilizada como bandeira nacional polo decreto da usurpada Isabel II, e co tempo, polos carlistas como propia ata hoxe.
En Bos Aires existiu a “Juventud Carlista” fundada en 1.907.

Poucas ou moi poucas curiosidades teño dos meus parentes Cambra na Arxentina, pero si de Simón Pereira, falecido no 1.852, fillo de Pereira de Castro e de María Mauricia; dos seus irmáns Juan e Manuel, mortos no combate contra os ingleses. A familia tiña propiedades en Caseros no 1.887 por onde andaba o parente presbítero José María Cambra e Rivas, párroco no Azul, e os irmáns, Jesús Cambra en Rosario, Juan Baustista Cambra en Temperley ,e dous mais que están por descubrir.

Naqueles tempos se falaba da España inmortal católica e facedora de pobos, que sofría polos agravios e a envexa dos inimigos da fe. Os meus parentes morreron co dobre orgullo de ser crentes e daquel rancio avoengo galego.

A Cruz de San Andrés naceu logo despois da de Santiago. A Coruña adoptouna como Provincia Marítima, azul sobre branco. E posiblemente ondeando sobre o barco, os nosos emigrantes de Fornelos da Ribeira, empezaran a asociala coa que o 22 de xuño do 1.891, un decreto a modificara mutilando un dos brazos, para non confundila coa ensina do Imperio ruso. Logo foi prohibida no século XX por Primo de Ribera e pola ditadura de Franco ata 1.975 declarada oficialmente como Bandeira Oficial dende 1.984 .

No carlismo arxentino,vinculado a emigración vasca, catala e galega, ademais dos simpatizantes do “Dios, Patria Fueros e Rei”, non era unha ideoloxía, senón unha realidade concreta que vivían e sentían, pero en vías de extinción, como así foi.