O “Zaragozano” no eido dos Cambra

capela santa rosa
Agora que estamos, venme a memoria o “Calendario Zaragozano” que había no eido de Cambra, editado polo astrónomo Mariano Castillo, que de forma interrompida, exceptuando a guerra civil, se conserva ata hoxe cos mesmos contidos.

Agora que teño tempo dabondo, deume por investigalo Zaragozano, non polo nome senón pola honra de Victoriano Zaragozano, nado na Pobra de Albortón, no século XVI, ¡Xa choveu! Moi popular na época, destacando na astroloxía, matemáticas e historia natural, chamado Jerónimo Cortés.

Aquel calendario zaragozano, gardado anos atrás na “Arca das lembranzas”, no eido de Cambra, no rueiro de Casco, en Fornelos da Ribeira, servira, desgraciadamente no ano 1.938 para acendelo fogo, na lareira, e librarnos do frío daquel ano. ¡Que tristeza, digo eu agora!

Na actualidade estamos acostumados a ver nas televisións programas do tempo, onde aparecen informacións meteorolóxicas do mundo enteiro, menos de Fornelos da Ribeira que ven de lonxe. Quizais por iso, Clemente Francisco Cambra (q.e.p.d.), tivera o calendario zaragozano, pola información que daba xa que contaba con información para os labregos sobre pedrísco, tormentas, secas e fases da Lúa.

Non ai moito que me lembrara da viñeta de Mingote que coñecera un día en Aguilar do Campóo en Palencia, quen por certo, me fixera unha viñeta coa pipa e boina “galega”, pero a de ABC facía alusión o “Zaragozano”: Culpable dos atascos nas estradas por anuncialo bo tempo para o ponte e ¡Os automovilístas lanzarse as estradas!

Investigando como chegara aquel “zaragozano” a Fornelos da Ribeira, o parecer fora mercado en Ponteareas onde se vendía con unha clientela labrega importante que segundo se dicía acadaba o medio millón de exemplares.
Vaga lembranza teño daquela “arca das lembranzas” do calendario do 1.850 coa advertencia para non deixarse enganar por outras imitacións. Despois da ditadura de Franco se podía observar o ¡Viva Franco! e ¡Arriba España!

Atrás quedaron As Témporas como medio de predición meteorolóxica e “non confundir o cu coas témporas”, pois había quen sostiña que esas eran as tempas en particular e a zona temporal da cabeza en xeral. Dito queda.