Pintara a Igrexa de San Xoán de Fornelos

Fornelos da Ribeira
Fornelos da Ribeira

No rueiro de Rañe vivía este veciño chamado Domingo Rodríguez de Pazos, que tiña un pequeno local para a venta de pintura,pois era pintor escultor de retablos de igrexas. Un verdadeiro artista. A filla chamaba a atención de toda a parroquia polo bonita que era, que axudaba o éxito da venta da pintura.

Seu pai a protexía moito e insistía: “Non serás carne de ningún moucho”. Era tanto o seu afán por coidala que un día chamara a unha veciña do rueiro de A Laxe que realizaba prácticas estrañas, a que chegou a pagarlle para que fixera algo para protexer a súa filla.

A veciña da Laxe din que era meiga. Fíxolle un conxuro mediante a cal cal quer que a bicara se volvería roxa. A veciña garantía o resultado.

Unha mañá cedo chegara o local de Rañe un mozo das Fraguiñas que non deixaba de mirala. Ela tampouco a el. E entre sorrisos e atencións por parte de ambos, se teceron da cor roxa. O verse así chamou o pai, para que o atendera sospeitando Domingo que o conxuro da vella se cumprira. E coma sempre:

– ¿Que fixeches esta noite con ese mozo? Dime a verdade.
– Non pai. Non estiven con el nin con ningún outro. So viu a mercar pintura. Sen mais.
– ¿Como queres que te crea, si sei que onte a noite te bicou?

Total, que o mozo chegara a ser o faime rir, da parroquia, mentres polo Condado de Salvaterra e a Paradanta, corría o rumor de quen bicara a filla do tan afamado escultor e se tornara roxa.

O rumor trouxo mais mozos a mercar pintura e de paso obter algunha información mais sobre o que xa había adquirido popularidade na entorna.

O mais gracioso era que todos querían ser atendidos pola fila do escultor. Ata a xente do lugar empezou a pintar as casas de roxo.

Tempos mais tarde, apareceron mozos coa pel roxa e o escultor cada vez mais horrorizado.

– E, agora que me di, meu pai. ¿Non pensará que estiven bicándome con todos eles?

Domingo Rodríguez de Pazos, pechou o negocio e foise xunto a vella da Laxe, e no camiño, mesmamente nas Fraguiñas, encontrarase coas costureiras, quedando horrorizado de velas todas roxas.

Chegar, chegou a casa da Balbina, a vella meiga da Laxe, e lle reclamou os cartos, pois na parroquia había mais mozas e mozos roxos.

– Ti me pagaches a min, por facer algo e o fixen. Cumprín coa miña parte, pero o tratado falado non era so exclusivo para ti.

Cando en Fornelos da Ribeira empezaron a ver que o teu local se enchía de mozos, ti te enriquecías coas pinturas e as xentes mercaban a formula que foxes vendendo pouco a pouco. Ademais a cor roxa da pel e contaxiosa.
– ¡E tanto!

Que de regreso o rueiro de Rañe a súa pel se foi tecendo roxa e fora precisamente aquí, onde apareceron os primeiros políticos roxos, de Fornelos da Ribeira ¡Xa me entendedes!