O Fornelosgópodo

paxaro

Reclamo publicitario de Fornelos da Ribeira.

¿Que é “O Fornelosgópodo”? Un lagópodo de pes fortes, alas curtas e redondeadas, coma a perdiz, que rondaba as terras de Fornelos da Ribeira,polos anos de 1.715 coincidindo coa inauguración da Igrexa de San Xoán, cuberta de plumas mais ou menos rudimentarias suxeitas a muda. Esta particularidade daba nome o termo lagópodo que deriva do grego lebre e podo. E dicir: Pe de lebre que entón aparecía polo Coto de Sa, cando vivían Clemente Francisco Cambra, Ignacio Estévez de Castro, os irmás Sestelo e González, Monteagudo, Rodríguez, Castro, Araúxo, Ledo, Álvarez, e outros mais que xa non lembro. Tempos desaparecidos e as xentes tamén (d.e.p.).

No noso Fornelos da Ribeira se refuxiaban no Coto de Sa, contra o frío e para aniñar.

A súa dieta eran os brotes e bagas dos matos. A curiosidade estaba na subespecie existente na aldea, que mudaba a branco no inverno. Adaptación lóxica os invernos suaves do noso medio.

Para buscar alimentos se desprazada con coidado para evitar depredadores como os zorros e as aves rapaces que había moitas. ¡Non as toquemos!

O “Fornelosgópodo” (lagópedo común) era o que mais se implicaba no coidado do niño e dos poliños sendo ambos uns pais admirables.

O “Fornelosgópodo, era unha especie de ave terrestre moi apreciada polos cazadores anteriormente citados. A súa caza era unha auténtica e salvaxe diversión. Non había outra.

Hoxe rendemos este merecido homenaxe a esta ave que corría por Fornelos da Ribeira adiante, a mais de 120 quilómetros hora, e que daba a súa abundancia nos rueiros da Fraga. Outra era a súa arrancada, requeimas ou querenzas. A diferencia da perdiz este lagópodo, (Fornelosgópedo), evitaría voar alto, e quedaría para sempre ben plantado na Carballeira de As Fraguiñas, para goce de cantos queiran aprecialo, sobre todo nas festas e romarías que durante o ano se celebran. Non dubido de que sería un bo reclamo para que nos visiten mais.
Polas características do medio existía en Fornelos da Ribeira unha grande variedade de especies animais correspondente o habitat pertencente o nicho ecolóxico do Condado de Salvaterra, entre os que podemos citar: Quebrantaosos, voitres, gavián, perdices, pardal, lagópedos, gorrións, pitos negros, reais, etc…

As asociacións culturais, veciñais e deportivas de Fornelos, lle ofrezo as bases deste ave rechoncho, parecido o galo, con unhas dimensións de 5 metros de longo e 2,50 metros máximo de ancho, asentado en As Fraguiñas, sexa o reclamo das nosas festas romarías e actos culturais, fotografiado por cantos queiran visitarnos, tendo en conta que cando O “Fornelosgópedo” cante, se denuncia e morre, pero despois de estar ben plantado no recinto de As Fraguiñas, pensarao mellor, antes de cantar.