As engurras da terra son os sucos da pel

Adolfo Domínguez
Si, amigos si, non envellecemos cando se engurra a nosa pel, senón cando se engurran nosos sonos e a esperanza de alcanzalos.

Non sei quen fora que dicía “que ninguén lle arrebatara as engurras da fronte, conseguidas a través da beleza da vida, ou as da boca que mostrara cando rira e bicara”. E digo eu que ninguén me arrebate as bolsas dos meus ollos, porque nelas están as lembranzas de canto chorei na vida. ¡E non me avergoña dicilo!

As engurras que si temos, as que habitan na faciana de cada quen, si que inflúen na nosa imaxe. Fai anos que o modisto e xente do trapo, lanzara “la arruga es bella” con certo atractivo.

Eu dixen sempre que en xeral as engurras poden ser belidas, respectables, enigmáticas e se lle pode engadir mais adxectivos, pero eu me quedo con tres. Exemplo: Si nos fixamos na pel humana hai unhas engurras mais marcadas que se forman con relativa rapidez, pero que son de escasa duración: As que aparecen nas mans e pes o somerxelos na auga. ¿Porque ocorre?Pola contracción dos vasos sanguíneos que temos baixo a pel. Pode ser unha adaptación da natureza a través da evolución milenaria para facilitar o home a condición da grande humanidade na que ten que vivir ou sobre vivir.

Os labregos fan o sucos co arado durante a labranza. Esas fendeduras son empregadas para o rego da terra.
Nos humanos contamos cos sucos no esqueleto, no sistema dixestivo, no oído e na boca, entre outras partes do corpo. Estes sucos son as engurras que se forman na pel polo paso do tempo.

Teño moitos anos xa e non queda espazo para novos sucos no meu rostro. E os sucos que recorren a pel revelan a miña avanzada idade. Pese a todo, a dermatoloxía recomendoume unha crema que me axuda a disimular os sucos.
Na mocidade non temos engurras porque a pel desempeña moi ben as funcións de estirar e conservar a humidade. A dermes ten a propiedade da elasticidade grazas as fibras elásticas que fan que a pel se vexa e se sinta xove. O coláxeno tamén contribúe a prever as engurras. Agora ben, de todos modos co paso do tempo a dermes perde o coláxeno como a eslastina, de modo que a pel se afina e a epidermes custa conservala humidade que necesita. A graxa da capa subcutánea que dota de tenrura a pel, empeza a desaparecer, a epidermes empeza a deteriorarse e se forman as engurras.

Non existe ningunha idade máxica, como os 40 anos, no mundo para que empecen a saír as engurras, salvo os que teñen patas de galo.

Di que a faciana e o reflexo da alma. Pode ser. Por iso hai que limpala faciana con xabón. Hidratala pel unha vez o día e sempre os esquecidos ollos axudalos a reducir os signos visibles do cansazo e envellecemento. Empeza por durmir de 6 a 8 horas,evita as horas de exposición o sol. Bebe líquidos e consume froitas e verduras evitando o alcohol; non te esquezas de facer exercicio que e esencial para osixenar o organismo e manter a pel tonificada.

Por si acaso, non te esquezas tamén de que a “arruga es bella” segundo Adolfo Domínguez.