As Escolas Públicas de Fornelos da Ribeira

escola lourido
No primeiro período do 1.940 a 1.943 as dúas escolas: A das nenas en As Fraguiñas, e as de nenos no rueiro de O Casco, en Fornelos da Ribeira, perderan o seu carácter de centro independente por orde do 7 de maio do 1.940.

O 17 – VI – 1.940 nunha orde ministerial empezaba a poñerse en práctica a “unificación”, cando estas dúas escolas estaban patrocinadas polos nosos emigrantes residentes na Arxentina, que soltaron os cartos, para a compra dos terreos e edificio no rueiro de As Fraguiñas, e colaboraron economicamente coa Escola de Nenos do rueiro de O Casco.

En consecuencia, dende o momento que J .E. D. De 1.940, empezou coa depuración dos mestres, por non haber regresado canto antes a España franquista, AVELINA SALGUÉS OTERO, mestra das nenas da Escola de As Fraguiñas, e JOSÉ ÁLVAREZ (o das Rodas), mestre dos nenos no Casco, como mestres traballadores docentes, habían cesado polas disposicións da Superioridade.

E ben sabido que os golpistas do 36, non pretendían realizar un plantexamento clásico e rápido. O propósito era externo da animadversión que os animaba os que urdiron e levaron a cabo o alzamento de Xullo do 36. O xeneral Emilio Mola, coa trama (el Director) que explicaba na súa “instrución nº 1” firmada en Madrid o 25-V-1.936. E hoxe, aínda non se acabou coa represión franquista, ¿Que vos parece?

Así, tanto Avelina Salgués Otero, como José Álvarez, meu mestre, foron sometidos a autos de procesamento suspendidos de emprego e soldo, mentres estaban por resolver os expedientes de “depuración” que para algúns foron de sanción e inhabilitación para o exercicio do cargo, pero había mais, entre eles e elas estaban:
Eduardo Alfaro Gil de Pesqueiras, Luisa Álvarez Novas, de Meder; Fausto Ardilla Merchán de Soutolobre, Josefa Castro Presas, de Oleiros, Ignacio García de Lira, Raquel Fontenla de Soutelo, María del Pilar González Pazos, de Salvaterra, María Exclavitude Puga de Leirado, Luisa Rodríguez Álvarez, de Parderrubias, Felicitas Sánchez de Corzáns, e moito mais que recolle o bo amigo Jesús Presas en “largando lastre e letras”, que todos felicitamos.

E había que aguantar como o 9 – V – 1.940 o secretario da Sección de cultura, escribía o Concello de Salvaterra da concesión dunha beca a un que viñera a España a loitar contra as invictas tropas do Xeneralísimo Franco.

O 6 – II – 1.940 se instaura o crucifixo nas escolas. O adoutrinamento católico, levado a cabo de acordo coa Igrexa e Ministerio de Educación Nacional. E obrigar os mestres a estrutura falanxista.

O longo deste tempo fíxenme cargo do que supuña para as Escolas Públicas de Fornelos o feito de poder decidir dos cartos enviados polos nosos emigrantes residentes na Arxentina, para ambas escolas. Porque a Escola das Nenas, tanto o terreo como a edificación foi feita con cartos enviados polos nosos veciños de América, como patrimonio do pobo, igual que o cemiterio cívico relixioso, que non e da Igrexa, senón que forma parte do patrimonio do pobo de Fornelos, como os camiños, regueiros e montes.

E u me pregunto: ¿Que pasa entón co terreo e a edificación actualmente? ¿Quen e a Igrexa para inscribila o seu nome e vendela? ¿Que fai o pobo por non reclamar o que e seu?

¡Ollo! Que aínda se está a tempo.