Daqueles tempos pasados …

Fornelos igrexa

De fame, común en todas partes, e seu padecemento no Condado de Salvaterra do Miño, era inversamente proporcional o estrato social do Conde, considerado un elemento diferenciado da xerarquía social( e dicir canto mais alto na xerarquía social menos fame padecían), a posesión dun alimento tiña unha cualidade diferenciada, coa excepción da dispoñibilidade económica, práctica de luxos, coma as especias importadas. Había a miúdo “decretos” que prohibían o consumo de certos alimentos para as xentes de certas clases sociais, e “ Lei Suntuaria” para limitar o consumo dos novos ricos que non eran da nobreza.

Aquelas normas ditaban os alimentos das clases obreiras ou campesiñas, que tiñan que refinarse menos, pois se dicía que o traballo manual duro necesitaba un alimento mais barato.

Tamén en menciña se agregaban diferencias, xa que recomendaban tónicos custosos e mais especias exóticas para curar as xentes de estrato social nobre, mentres recomendaban o mais oloroso e mais baixo “allo” para a xente común.

E falando da Igrexa Católica, cos hábitos da alimentación, os conto. como o consumo da carne estaba prohibida, unha terceira parte do ano, para os cristiáns, así como tódolos produtos de orixe animal como ovos e lácteos,excepto o peixe, que usaban para a Coresma e períodos de xexún.

A Ciencia médica, tivo tamén certa influencia entre o san e o que era nutritivo, clasificados en escala que ían dende os “quentes” ata os “fríos”; entre os “secos” e os “húmidos”, ata ben chegado o século XVII.

As xentes comían dúas veces o día. O Almorzo o mediodía, e unha merenda lixeira, e os “moralistas” a punto de rachar a fronteira entre a noite e o día, con un xantar. O almorzo era por razóns prácticas, elaborado pola xente traballadora, sempre en horas de descanso. A maioría da xente sucumbía o almorzo como unha práctica débil.

A cea a alta hora da noite , e nos banquetes se bebía alcol en abundancia, aínda que considerado como vicio soez, prostitución, o que non impedía que a Igrexa non deixara de celebrar estes banquetes.

Os xantares de rango menor, e os aperitivos, eran comúns a pesar de estaren mal vistos pola Igrexa. Deste xeito os traballadores recibían permisos dos seus patróns para mercar comida para inxerir durante as paradas no traballo.

Aquel xantar medieval inxerida coa axuda da culler, sen outro cuberto na man, empregando o coitelo na mesa, pero xeralmente non se movía do prato, xa que se esperaba que cada comensal o levara consigo. Logo foi incluído nos hospedaxes como signo de distinción. Tamén, antes de xantar se ofrecía a “augamariña” e panos para lavar a faciana e mans.

O garfo, non era utilizado ata épocas despois do século XIV, que foi común para todos.

Dos ingredientes da cociña era o “agraz”,o viño e o vinagre. Carnes de porco e polo, Bacallau e arenques co peixe fresco. Leite de améndoas durante a Coresma. O pan, “noso de cada día”. O arroz para as clases altas mentres que os da baixa tomaban a fariña e o pan negro de farelo.

A froita, se servía fresca, con azucre e mel, as mazáns, peras, ameixas e moras mais comúns.

Entre os séculos V e XV, de grande importancia, como os cereais, legumes, verduras, no noso Condado de Salvaterra do Miño, e da miña aldea de Fornelos da Ribeira, as costumes romanas, como o trigo, o viño e o aceite foron testemuñas da vida e o aceite nos actos relixiosos.

Polo século XIV, aparecera “LE VIANDIER”, unha guía de cociña con métodos, incluso para salvar os viños, que os médicos consideraban sans, para a dixestión e dirixir a enerxía a cada unha das partes do corpo, como me pasa a min agora, sobre todo con unha cunca de viño tinto que é a nosa razón de ser, ou ¿Non, amigos?