Unha vez mais: Facer as americas

emigrantes

Alentados polos nosos emigrados de Fornelos da Ribeira na Arxentina, coa que soñaron todos o obter referencias da prosperidade alcanzada por algúns, como os irmas , Sestelo e González, afortunados, e outros que tiveron que conformarse con traballar infatigablemente loitando pola subsistencia, o que non sempre resultou fácil, como a familia Ernesto Estévez,casado con unha neta de Rogelio Estévez Cambra, deixando como único saldo daquela aventura a lembranza da súa laboriosidade, esforzos e sen sabores, so coa única esperanza de volver a terra nai, que así fixeron no 1.950 durante uns tres meses.

O esforzo tenaz, visible a partir da década do 1.880 presentou cambios en Rosario con a incorporación dos nosos emigrados, JESÚS CAMBRA E RIVAS, de quen ninguén fala. Do irmá JOSÉ MARÍA CAMBRA E RIVAS, presbítero e párroco no Azul, de quen se fai algunha referencia en Areco. De CLEMENTE FRANCISCO CAMBRA E RIVAS, autor de “VICIOS REDHIBITORIOS”, no Código Civil Arxentino, catalogado pola Corte Suprema de Xustiza da Nación Arxentina. JUAN BAUTISTA CAMBRA E RIVAS, en Lomas de Zamora, perfectamente diferenciados da política, pero sempre coa incidencia relixiosa sociolóxica que tiñan continuidade familiar.

Tamén os sobriños que arribaron a esas terras, como CLEMENTE ESTÉVEZ CAMBRA,con referencias en Rosario, pero sen noticia algunha sobre o particular. ROGELIO ESTÉVEZ CAMBRA, xurista e notario en Bahía Blanca, quen regresou a súa terra nai, despois de 50 anos, para morrer, como fillo adoptivo de Bahía Blanca. JOSÉ MARÍA ESTÉVEZ CAMBRA, casado, quen coa súa “Librería Cervantes”, criou a María del Pilar e María del Carmen (e.p.d.),e Bernardo Rogelio Estévez Cambra,casado, avogado, tendo por fillos a BERNARDO ESTÉVEZ CAMBRA , falecido no 1.997. CARLOS ALBERTO ESTÉVEZ CAMBRA avogado, casado, tendo por fillos a Silvia María Estévez Cambra, con descendencia. A José María Estévez Cambra, avogado, sendo pai de María del Pilar e María Gualdalupe Estévez Cambra. Javier María Estévez Cambra, con descendencia. RICARDO ESTÉVEZ CAMBRA, avogado, tendo por fillos a Ignacio (avogado), María Florencia e Diego Agustín (avogado), con descendencia.

De tanta familia por parte de Juan Bautista Cambra e Rivas, que tivo por fillos a Ricardo, Clemente e Pedro, e este último o pai de Sara Helena e Avelina Cambra Kennedy, e Gabriel Baz Cambra, fillo de Sara Helena Cambra kennedy, quen nos visitou coa súa familia. Por parte de Estévez Cambra, José María Estévez Cambra quen tamén nos visitou, os que moito agradecemos, pero ¿Que pasa co resto? – Pois aquí teñen a orixe do apelido e parte del, esperando as boas novas para recoñecernos algún día. Así o esperamos