
De cando nos meus tempos, a educación pública na escola, estaba desaxustada coa realidade de hoxe. Porque, daquela, non tiña un fin educativo, senón, de “simple instrución” transmitindo valores que non correspondían o noso uso galego, e había unha especie de frustración, porque nos ensinaban cousas que non eran útiles para a nosa vida, ademais se facía en castelá, castrapo para nós, con libros, poucos, e os poucos so se axustaban os intereses políticos franquistas, o cal, producía desaxustes socio lingüísticos a todos, e logo nos creaba un sentimento de inseguridade para a nosa cultura, que nos transmitía valores alleos que dunha maneira mostraban como válida a cultura urbana e como a lingua castelá era a válida.
Non debedes esquecer de que na nosa terra, sumabamos unha importante forza de traballo, causa das escolas públicas valeiras,o que axudado por unha mala alimentación a “instrución pública” era ineficaz para o noso desenrolo potencialmente falando. Por iso a situación que tendes actualmente da lingua galega, e diferente a vivida por min e outros, e tamén polos nosos emigrantes que foron moitos mais dos que nos imaxinamos.
Entre aquel tempo e o voso de agora, existen dous mundos, moi diferenciados: Un, o rural, de falar en galego e outro o urbano, de falar en castelá, porque a clase social dominante impuña os valores culturais que eran “socialmente os bos”. Así que a nosa fermosa lingua estaba relegada o eido, con unha total falta de apoio, se mire por onde se mire.
Naquel tempo nos dicían que a nosa lingua non valía, o sistema administrativo tampouco, e a xente vivía illada e dispersa como para tomar conciencia da situación. A saída era confiar no destino sobrenatural ou emigrar como única situación. Da miña familia emigraron cinco irmás Cambra e Rivas, meus tíos avós Estévez Cambra, foron tres. Pero quero facer aquí un alto, para falar de Francisco Rodríguez (Pancho), de San André de Lourido, outro mais que emigrou a Arxentina, todos coas súas almas galegas, permitindo penetrar sen reservas na sociedade arxentina e adaptarse, como así o fixeran tamén José Araújo Rodríguez, os irmas, Sestelo e González, respectivamente.
Outro que tamén merece unha mención especial pola vida e traxectoria, Manuel Puente, de Salvaterra, quen con 15 anos inmigrara a Barcelona onde traballara como dependente de comercio. De volta o eido, no 1.906 emigra a Arxentina e traballa nunha empresa israelita de importación de xoias e relos,aprende o oficio, e logo funda PUENTE E CIA, con filiais na Suíza e Alemaña. Participa e colabora na “HISTORIA DE GALICIA” con Ramón Otero Pedrayo. e presidente do Comité Organizador do 1º Congreso da Emigración no 1.956 e Xogos Florais do 1.968, falecendo no 1.970 sen que ninguén se lembre del, a pesares de que e de ben nacidos ser agradecidos.
Tódolos rapaces de hoxe, debedes lembrar e coñecer a este homes que naqueles tempos da fame, emigraron a Arxentina, non todos regresaron, pero uns, como José Araújo Rodríguez instalaron a súa “Ciudad de Buenos Aires” (Xastrería) en Fornelos da Ribeira, para engrandecer a parroquia.
Houbo outros mais como os Bargiela Alonso, que Vanesa Martínez Ojea, sabe dos cartos recibidos polo avó Antonio irmá do emigrado en Bos Aires, e da saga da familia de Salvaterra. Bargiela Fuentes e Porto Gayoso forzando a relación con Antonio e Manuel, con Encarnación e Arminda. O mesmo cos Correa Porto en Mar del Plata.
¡Que tristeza que non se ensine e se de a coñecer estas xentes da nosa terra, que tiveron que emigrar para axudarnos a ter o que hoxe temos! Sen esquecernos tamén, por exemplo de Vázquez Raña, magnate mexicano e de Manolito de Mafalda, como o poeta de Taramancos, simpático feiticeiro da selva peruana. Para todos eles, a miña lembranza dende a terra “das viúvas de vivos e mortos”, e para vos, rapaces os invito a ter o interese necesario para engrandecer a obra de todos estes persoeiros. ¡Que sexades felices!
Debe estar conectado para enviar un comentario.