Latexos de Santa Cristina de Valeixe

iglesia santa cristina de valeixe

Digo latexos polo que poida ter de susto, ou algún traspés o rememorar a historia de Santa Cristina de Valeixe que pertencera a “Xurisdicción de Albeos”, coas freguesías de San Miguel de Cequeliños, San Cristovo de Mourentán e Santa Cristina, con unha superficie de 36.750 quilómetros, a dicir do Marqués de la Sierra.

A freguesía de Santa Cristina de Valeixe, fora un rueiro de asento da nobreza de antano, contemplando pazos,casas grandes, como do “CUCO-RUXO”, pazo de A Borza, mais coñecido polo pazo de Sarmiento.

Santa Cristina de Valeixe, acolleu pazos e casas solares e con elo, alcanzou presenza e importancia na historia, que se remonta a épocas do feudalismo, no século XVIII,

No 1.820 pasou a ser titular A Cañiza, quedando relegada a un segundo plano, debido posiblemente a súa condición xeográfica.

Fora PEDRO GIL ABAD, quen no ano 1.573 construíra a igrexa de Santa Cristina, figurando as armas de JUAN GIL TRONCOSO de LIRA e SOUTOMAIOR, señores da Picoña e Barreiro. Ademais das capelas de San Antonio de Taín, Nosa Señora dos Remedios, Virxe da Asunción, Cristo de A Miranda, San Roque, Santo Anxo da Guarda e Nosa Señora das Neves en Pintelos. Todos con romarías.

Santa Cristina de Valeixe, fora coñecida por ser “parada” de postas e bebedoiro dos cabalos, coñecida pola FONTE DOS DOUS CANOS.

Valeixe, Santa Cristina, está coroada polo monte Pedroso con 1.073 metros de altitude, onde hoxe se celebran o “Curro do Pedroso”.

Conta a lenda que “Luneda” fora cabeza do marquesado, e que nas súas terras fora erixido o “castelo de San Martín dos Ladróns”.

Debemos de reseñar que xa no ano 1.242, JUAN SUÁREZ, fixera doazón o padroado, a Igrexa de Valeixe, o bispado de Tui, Lucas I. E no arquivo histórico Diocesano, se encontra todo o “patrimonio documental”.

A chamada “Casa Grande”, ou pazo de Valeixe, conservaba os escudos dos Gil de Araújo, e o da dereita recolle os Troncoso Lira e Soutomaior coa familia Araújo. E no mesmo portalón, unha inscrición de 1.180 que fora o primitivo edificio.

Neste pazo fora a vivenda habitual de presbíteros abades, vinculados co pazo de Barreiros de San Xurxo de Vilar, en Crecente, dende Basilio Gil, abade da Peroxa (Ourense), quen fundara o morgado. Por iso tiñan dereito o beneficio curado de Santa Cristina de Valeixe.

No expediente de colexiais de Fonseca en Compostela, aparece BENITO DE ARAÚJO Y AVALLE, no 1.665. Del procede, DIEGO MARRAN y AVALLE, casado con ISABEL ÁLVAREZ de ARAÚJO. O seu fillo, ALVARO de ARAÚJO, casara con MARÍA GONZÁLEZ de RIVERA, filla de Alonso Gómez de Rivera, e a súa dona, CECILIA FERNÁNDEZ. Foi fillo, o capitán PEDRO de ARAÚJO y AVALLE, quen casara con LUCÍA RUY de RIVERA, veciños de Arnoya. Do arquivo de Mauricio Troncoso de Ponteareas, xa falaremos mais adiante. O falar aquí dos Rivera, temos que facer referencia a MANUEL RIVERA SALGADO, avogado, fillo de Santa Cristina, pertencente a familia “carlista”, quen dende Lugo e Compostela, desenrolou a súa carreira profesional, mantendo contacto co seu pai José Rivera, tamén avogado e seu irmá Enrique. Ambos con moitas actividades vinculadas co carlismo e con Mateo Guillade, guerrilleiro carlista.

En efecto, José Rivera Salgado, fora acusado de manter entrevistas co guerrilleiro o seu paso por Santa Cristina de Valeixe, historia para moitos descoñecida.

Chegamos ata a Real Audiencia, cos informes da defensa de pontes e camiños que a nobreza esixía, pois a partir da década de 1.730 o Catastro de Ensenada recollía todo o pasado a mediados do século XVIII.

JOSÉ MARÍA VÁZQUEZ TRONCOSO, nado en Santa Cristina, en 1.792. Estudara Filosofía no mosteiro de Lérez, licenciándose no 1.822, tempo de Fernando VII.

A finais do século XVIII, Valeixe deixou de ser testemuña da comarca, pero conservou os pazos e casas solares, seguindo dedicándose a gandería, cultivo da vide, millo, patacas e froitas.

Sobreviven o pazo de A Borza, o do Cuco-Ruxo, a Casa Grande, o pazo da Cerdiña, quen no 1.722 preiteara por el, Benito Rivera Suárez de Araújo,sendo veciño de Arbo.

Volvendo atrás no tempo, no 1.676 DIEGO DE ARAÚJO, fillo de Baltasar de Araújo e María de Araújo e Correa,,casara con Antonia Gil Vallejo, filla de Juan Vallejo e María Lorenza.

No rueiro da Cerdiña, casara no 1.811, Luís Antonio Sarmiento e Soutomaior, e María Teresa del Pilar de Araújo y Barbeito.

No 1.812 Mauricio Araújo, fillo de Diego Manuel Araújo e Teresa Pérez de Puga, casara con María Manuela Rodríguez, filla de Baltasar de Araújo e de María de Araújo y Correa.

De Valeixe eran, Francisco Rivera Lobariñas, Dores Fernández Pereira e o seu avó Severo Rivera.

Os Araújo de Valeixe, no Catálogo de Basanta, citan a Diego de Araújo, no 1.688. Era señor da Cerdiña. O fillo Tomás Matías Araújo, seguira a liña familiar. Logo aparecera Juana María Araújo, casada con Pedro Barbeito de Setados (As Neves). A filla

Juana Barbeito, casara con Juan Luís Troncoso de Lira e Soutomaior da Casa Barreiro en Vilar. O fillo, Juan Francisco Troncoso, casara con María Josefa Sarmiento e tiveron descendencia.

Tomás Matías Araújo, casara con María Antonia de Barbeito Sarmiento de Setados. O fillo, Tomás Benito Araújo, casara con María Ana Gil Feijóo. E o fillo, José María Araújo, casara con Isabel Íbias de Castro Bermúdez, en Portonovo.

Os Barbeito,Francisco Barbeito Padrón eran de Santa María de Vide. E apareceron realizando información de nobreza para o seu ingreso na Real Compañía de Guardamarinas.

Os Gil, en Hidalguía, Rl Chª de Valladolid, lgº 1-148-19 aparecen probando nobreza como fillos de San Miguel de Cequeliños, Ribarteme e Santa María de Sela.

Juan Gil, casara con Cristina de Araújo. O fillo, Basilio Gil de Araújo, casara con Constanza de Puga, de San Xoán de Barcala. Era filla de Martín de Puga e Isabel Rodríguez. O fillo, Fernando Gil de Araújo de Cequeliños, casara con Josefa Rivera de Crecente. Filla de Pascual Rivera e Ana Domínguez. O fillo, Fernando Gil de Rivera, nado en San Pedro de Crecente o 28-05-1.706 solicitara información para ingresar en Fonseca. Aparece na Carpeta Heráldica do Museo de Pontevedra.

Os Bermudez, segundo o Catálogo de Basanta, tiveron preitos para verificar a súa fidalguía.

Francisco Álvarez de Castro, I Marqués de Bellestar, foi señor de Covelo, San Simón de Lira e de Abelán, en A Cañiza.

E así, chegamos a encontrar na Cartografía Xurisdicional de Galicia, do século XVIII, a Santa Cristina de Valeixe, pertencente a xurisdición de ALBEOS, cas freguesías de San Xurxo de Vilar, San Batalomeu, de Couto, Rozas e Santa Tereixa de A Cañiza que foran desmembradas no 1.799 de Crecente e Achas.

A Casa Torre de Almuiña, fora construída no século XVII. No 1.665 Pedro Estévez de Puga, empezara a construción en terreos aforados. Pedro chegou ata nós, polo noso bisavó Ignacio Estévez de Castro, licenciado en Cánones, quen casara con Francisca Méndez, fundadora da Capela en Almuiña de Abaixo.

Sete foran os herdeiros, tocándolle a Jacinto Estévez de Puga, presbítero , Arbo, grande parte do capital.

Tanto fora así que incluso se quedara coa bodega e resalidos. Nun dintel da porta interior había a inscrición: “Jacinto Estévez de Puga, 1.675”. Naquel entón, había morgados, un do Vieytez de Sela con casa solarega, e outra dos Rivera e Giráldez

Os Vieytes: Ignacio Vieytes e Tapia polos anos 1.817 e 1.882 fora maxistrado. Eran tempos de Isabel II, quen mercara propiedades en Almuiña de Arriba no 1.869 unificando os Almuiñas. Posteriormente foi reformada quedando so o básico do século XVII. Hoxe e o HOTEL RURAL,onde se producen viños de calidade.

Os Rivera: Benito Rivera Suárez de Araújo, preitexara no 1.722 pola Cerdiña,.

Manuel Rivera Salgado, avogado,nado en Santa Cristina, familia de avoengo, inquebrantable carlista, dende Lugo a Santiago loitara pola causa carlista, con seu pai, José,avogado, e seu irmá Enrique, defendendo a Mateo Guillade, guerrilleiro.

José Rivera estaba casado. Mauricio Araújo, fillo de Diego Manuel e de Teresa Pérez de Puga, casara na Cerdiña, no 1.811, Luís Antonio Sarmiento y Soutomaior con María del Pilar de Araújo y Barbeito. Deles xa falaramos mais arriba.

Na Enciclopedia de Carraffa ou na Heráldica de Apelidos, aparecen os Almuiña, como familia distinguida.

Os Giráldez: Juan Giráldez Avalle casara con Marta Gil, e os fillos naceran en Mourentán no 1.649.

RESUMINDO: A capela de A Miranda, restaurada, compre con un amplo torreiro e pozo de grande dimensión histórica. Se pode presumir de pazos, O do Cuco-Ruxo, o de Valeixe, ou o de Palacio, pazo da A Borza, tamén coñecido polo pazo de Sarmiento.

Tamén outros pazos, como a Cerdiña, casas solares, importantes na historia de Valeixe. Pazos e casas de alcume asentados na Miñoteira. Aquí na Miñoteira está a capela Nosa Señora dos Remedios; un pouco mais abaixo a Igrexa. Santa Cristina, que se debe a PEDRO GIL ABAD, no 1.573, coas armas de JUAN GIL TRONCOSO de LIRA e SOUTOMAIOR, e no rueiro de Pintelos, e o ponte románico, que cruza o río Deva.

As sete capelas: San Antonio de Taín, Nrª Srª do Remedios, Virxe da Asunción, Cristo de A Miranda; San Roque, Santo Anxo da Guarda, Nrª Srª das Neves en Pintelos. Todas e todos honrados coas súas romarías.

Grazas a auga ¡Deus a dea! Valeixe se dedicou o cultivo do viño, millo, patacas e froitos, con un sistema antigo de regadío que comparten días, horas e meses, equitativamente.

Grazas a MARIA SEIJAS,profesora do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Facultade de Filoloxía, da Universidade de Vigo, puiden enteirar das propiedades dos mosteiros pertencentes as xurisdicións de Achas e Albeos a que pertencía Valeixe.

Do Instituto de Estudos vigueses, documenteime do método do mergullo dos pescadores no río Miño, coa gorxa ao Vento, pola invernía acubillado no rueiro de Ibias.

E debo nomear aquí, a AGUSTÍN RODRÍGUEZ, cuxas orixes familiares están en Valeixe, que no ano 1.786 -1.788 estudara Filosofía no convento franciscano de San Antonio en Tui.

No “Cantigueiro popular da Limia Baixa”, aparece como se molla o eixe do carro:

“Árdelle o carro

Árdelle o eixe

Árdelle o carro

A os de Valeixe”

Temos que terminar cos Camiños Medievais de Valeixe. E polo tanto, felicitar a ELISA FERREIRA PRIEGUE, quen nos documentou no seu libro, xunto cos Camiños Reais, cruzando os nosos vales e ríos Miño, Deva e Tea, no entorno da Franqueira.

A Franqueira-Porriño. O Santuario de Santa María da Franqueira que aínda conserva a Igrexa románica do século XIII, centro de peregrinacións. Existe documentación dende 1.361.

A Franqueira – Ponteareas, que detalla o pai Sarmiento, polo Cebreiro, Parada, Fonte do Couto, San Pedro de Batalláns, Cividá, Pontexil, Cernadas e San Simón de Lira, tomando os vieiros de Salvaterra a Ponteareas, pasando polo San Xoán de Fornelos, San Martiño de Moreira. E de aí, polo Confurco, Cans e Domicóns a Porriño.

A Cañiza – Melón, polo mosteiro de Melón, pasando por Briabo de Parada de Achas, o Porto de Augavella, Ribadil de Abaixo e Cima, ata chegar o límite da xurisdición, onde había un “portazgo”(imposto medieval de tránsito), cuxos “décimos”, pertencían o mosteiro en tempos de Fernando II.

Arbo-Camposancos, por Avión, pasando por Laxes, Portela, As Corbaceiras, a ermida da Peregrina, Paravedra, Vieiro, Hermida, Corredoira, Pintelos, Novás, as Poldras de Taín, sobre o río Deva, Briabi, onde se cruza o “Camiño a Franqueira”, a barca de Filgueira, seguindo pola ermida da Peña e Lisoizós, ata a Ponte de Achas, onde había un “portazgo” tamén do mosteiro de Melón.

Interesado do Camiño a Valeixe, dende a barca de Crecente, subindo pola Paradela, Portela, e Calzada a Santa Cristina, pasando por Portelas e Laxas onde se cruza o camiño a Filgueira e segue por Curuxeiras e Ventosela a Cañiza e Cima de Vila.

Para os que queiran seguirme, dende a barca de Crecente, o camiño segue por Albeos, onde se encontra o Vieiro que chega a San Roque do Freixo, e Barca de Filgueura, Valeixe, Laxas, onde se desvía o río Deva, para cruzalo polas Poldras de Taín. Do outro lado, a Parada de Achas ou seguindo a marxe esquerda do río Calvo, a Folgoso polo “Camiño da Raíña Santa”.

Como se ve, o Camiño da Franqueira deu lugar a uns dos movementos culturais que chega ata hoxe en día. Ignoralo e ignorarse así mesmo. E segue vixente, igual que o home non se desfai da súa vida anterior polo feito de esquecerse do seu pasado. Este pasado vivinte e o noso presente de hoxe.

Aquela sociedade medieval de Valeixe, vivía do campo, e Valeixe fora o centro da actividade e vida diaria.

A partir do século XII ao XV, nacera a clase social que se consolidara en Valeixe coa Igrexa, que impuña, por exemplo, que o “sexo”, so era posible, dentro do matrimonio, e este debía ter como finalidade crear fillos para Deus, baixo o temor de Deus, e se non, “corenta días de penitencia con pan e auga”. O poder da Igrexa era tal, que lle impuñan os fregueses como debían practicar o sexo: Tal vez ¿O do misioneiro? E “o dereito de pernada”, ¡Como funcionaba en Valeixe! Ao tomar as donas que se ían a casar. Así que San Cristina de Valeixe estaba controlada baixo o temor de Deus, e de paso, servir a nobreza dándose unha simbiose perfecta entre poder e igrexa.

Os “señores” de Valeixe tiñan dereito o uso da terra, e estes de estar o servizo do rei, baixo control estaban as xentes de Valeixe, que vivían protexidas a cambio das rendas e impostos. Este era o feudalismo. Valeixe, se distinguía pola existencia dos grupos que gozaban dos privilexios xurídicos e fiscais, como os cregos, abades e nobres que interviñan na xestión, ocupando cargos no proceso da oligarquización, gozando do poder local e utilizándoo en función dos seus intereses.

Como curiosidade da época, a hixiene brillaba pola súa ausencia, non herdada dos romanos onde era esencial. Tan so a nobreza e algunha xente podían ter ese privilexio.

En definitiva a vida en Valeixe era difícil para uns, por débiles, mentireiros e preguizoso. Daquela a xuventude non existía.

E así foi pasando o tempo en Santa Cristina de Valeixe, esperando escoitar os paxaros coas súas melodías e que algún día, a xente se interese do seu pasado. Amén.