Facendo un pouco de historia diremos que nace no ano 1.846 co a caída de Espartero, no 1.843, arrastrando o Partido Progresista, supondo un duro golpe para todo aquel que participaba na idea, na que se defendía a concienciación de ser galego. Fornelos da Ribeira representaba na Comarca, a apertura en favor da provincia, reflexos progresistas, importante destacalo, preocupacións sociais, etc.
Fornelos da Ribeira estaba decidida o republicanismo, preocupados pola cuestión social. O desasocego e inquietude era xeral, e afectaba a xente, independentemente de credos e ideoloxía política, pero se recomendaba aos xuíces con data 17 de xuño do 1.845 vixiar aos inimigos do Estado. “En Fornelos da Ribeira tamén os había”.
E de recalcar aquí os intentos subversivos non so dos progresistas, senón tamén do “Carlistas” que tamén os había por estes lares. Entre eles, Clemente Francisco Cambra e Vilas, profesor cirurxián, enterrado no seu panteón familiar no Cemiterio do Coto de Sa, no 1.872, comandado por JUAN MANUEL PEREIRA, durante o 1.820 – 1.823.
Na reforma da Constitución do 1.837 os progresistas xogaron a favor da nova revolución.
A Coroa designaba “alcaldes” incluíndo poboacións de 2.000 habitantes, en tanto que o gobernador nomeaba os demais,sen excepción algunha. O rei se reservaba a facultade de nomear alcalde corrixidor, a diferencia do que sucedía cos alcaldes ordinarios.
A reforma tributaria de Alejandro Mon promulgada o 23 de maio do 1.845 supuxo un aumento da Contribución Territorial de 193 a 350 millóns, que non se aceptaba, argumento en pro do alzamento insurreccional.
No libro de J. A Durán, Historia de caciques, bandos e ideoloxías en Galicia no urbana, reflectía unha longa tradición na materia. Galicia quedaba coa súa pobreza.
A raíña era escrava do poder e a súa nai María Cristina quedaba coa súa camarilla que a sucundaba. A candidatura de Enrique de Borbón, predilecto do partido progresista, era xusta, pero . . .
No manifesto se dicía: “Isabel II libre e constitucional. Abaixo o sistema tributario. Liberdade”.
Espertando sentimentos provinciais chegaría a conquista: “Pátria e liberdade”. Santiago 15 de abril de 1.846.
JUAN DO PORTO (baixo cuxo nome se escondía unha personalidade non ben coñecida), narrou os sucesos e fora testemuña dos mesmos. Pero, vencida a revolución, quedaron as pretensións adormecidas, nunca esquecidas, e as esperanzas progresistas dos fornelenses quedaron esperando o ano de 1.920 para logo morrer no 1.939 e espertando do sono con o Progresista F.C. como equipo de afeccionados. Así foi a historia Progresista e así terminou.
Debe estar conectado para enviar un comentario.