A costume do “viático”

Despois de tantos anos, viume a mente a expresión do “óbolo de Caronte”, relativo a unha moeda colocada dentro dun sobre a boca do defunto antes do seu enterramento, que logo despois documenteime que ven do latín “viático” que no noso uso cotián significa “provisión para unha viaxe”. . .

Nunca puiden entender que a cobiza debería ter para si mesma na vellez, que podería ser algo mais dun parvo que adquirira “mais provisión” (Viático), cando quedaba menos para o viaxe.

Baseado neste senso, da “provisión para a viaxe a morte”, nace o “viático”, na que se lle colocaba na boca da persoa que está a morrer, como “provisión” para a pasaxe a vida eterna.

Na miña aldea de Fornelos da Ribeira, as xentes estaban absortas por isto, e cando morría alguén da familia, traían o óbolo que o leve, sen ter en conta a moeda, coñecida no inframundo, para acompañalo cara a vida novamente.

Neste caso, viume a mente aquel Viático do Baztán, do ano 1.917 pintado por Francisco Javier de Arvizu y Górriz, co título: ”VIÁTICO”.

Obra que viña a lembrarme, cando polo vieiro, entre a carballeira das Fraguiñas e o rueiro da Laxe, ían camiñando o cura párroco revestido de roupa litúrxica, para un oficio de defunto, precedido do monago, coa Cruz alzada, incensario e hisopo; se dirixen a un eido de A Laxe, na porta esperando as xentes do lugar a chegada do viático. No interior xentes rodeando o leito no que aparece tendido, inmóbil, cos ollos abertos, e unha muller de xeonllos, o seu lado, chorando e bicándolle as mans musicando: “Non pode ser”. . .

O cura párroco lle administra os óleos a morta. Tras as preces e ritos do cura , lle colocan a tapa o féretro; logo despois, e levada a lombo de veciños ata o Cruceiro do Casco,onde se para e reza un responso. No cemiterio a baixan a terra, onde queda depositada.

E a deixaron so. . . e dende aquel día a tristeza e melancolía se apoderaron da terra.

Todo isto, me levou o “Viático no Baztán”, en canto a cor, contrastando a sobriedade do negro, co rabioso vermello e branco do monago. Aquela matización da cor, o emprego dos claro escuros, e a volumetría e corporeidade das xentes do lugar. me chamara a atención.

¡Canto me lembro do roquete do monago, dos brocados do cura, e o craveado da porta e o brillo dos obxectos, coa realidade de Fornelos da Ribeira!

No “Viático de Baztán” está a realidade da vida. Un lenzo de grande formato, que se conserva actualmente no Museo de Navarra, coa historia conmovedora, plasmando a emoción relixiosa, nunha época (1.940), no que o latir da nosa aldea era iso.

O lenzo, como a vida mesma e profundamente realista das escenas da dor, do hábito existencialista e transcendental que vai mais aló, e que nos transporta a un realismo pasado, e a unha idea do sublime arte. Así foi e así os a conto.