Historia da miña xente

dinamarca cooperativo condado salvaterra paradanta

Vai dende o ano de 1.800 ata 1.938, reflexando os nomes de quen fixeron grande, puxante e progresista o meu Fornelos da Ribeira. Foron os que dalgunha maneira fixeron grande a nosa aldea: foron os que dalgunha maneira hoxe forman cos seus traballos a consolidación do que legaron os nosos antecesores.

Ante a magnitude adquirida polo seu aporte valioso forxando o porvir da aldea, vaia o meu agradecemento os que xa se foron e son parte da nosa pobre historia. Hai un pensamento de Ramiro de Maéstu, no cal o seu autor busca enaltecer o accionar da xente que en Fornelos da Ribeira, botaron semente e recoñecemento: “Non envexas nunca a axilidade do paxaro que voa a onde quere; senón, o destino da árbore, que morre onde nace”.

Eu as veces permanezo calado, aínda que unha voz se levanta en favor dos que fixeron, pouco ou moito pola nosa aldea.

A Historia a escribo asi, camiñando polo seu destino, e quero testemuñar o meu afecto e admiración a quen tivo “algo que ver” co progreso de Fornelos, dende aquel día en que os Fornelos de Teo ou Zas, de Santiago de Compostela nos bautizaron, primeiro coa parroquia de San Xoán de Fornelos, e logo despois con Fornelos da Ribeira., cobrando vigor aquel primitivo bautizo, e logo “facer algo”, como así fixeron os nosos emigrados na América.

Desexo agradecer a quen apostaron polo pobo; resaltar os veciños e xentes que dunha maneira ou outra, contribuíron a manter a aldea ata convertela en AXUNTAMENTO, coa esperanza de ser intérprete de tódolos aprecios, sen descoidar os principios. E lembro aquí as sabias verbas do meu primeiro mestre, don Xosé Álvarez de San Adrián de Meder; A toda a miña familia Cambra e Estévez Cambra, do rueiro do Casco, principalmente a miña nunca esquecida madriña Ildefonsa Alonso Cambra, polo amor que tiña por min, e pola parroquia, chea de historia con mais de mil e pico anos.

Durante estes longos anos de vida e laboriosidade do home e das mulleres, supuxo alcanzar episodios heroicos. Aínda salvaxe, os pioneiros desafiaron a barbarie, se adentraron na terra chea de perigo e misterio. Entón a hoxe Fornelos da Ribeira, estaba conceptuada como unha comarca rica en vida agrícola, sendo, como era, unha verdadeira lenda.