Pasaran bastantes anos da celebración da inauguración da Sociedade El Pogreso, en Fornelos da Ribeira, e da reportaxe de Saturnino Piñeiro, fixera sobre Galicia e Bos Aires, cando Manolo “O Cesteiro” aprendera o oficio de cesteiro e acostumara a ir a tódalas feiras de Ponteareas, para xuntarse cos cesteiros de Mondariz, sobre todo nas mais concorridas e prestixiosas da Comarca do Condado, onde todos xuntos compartían as vendas.
O final, despois de haber tomado intercambio cos outros cesteiros,o noso home, sempre se dirixía o hospedaxe do centro de Ponteareas, para xantar. E difícil pronunciarse sobre as verdadeiras intencións deste noso cesteiro, pero o certo fora que tras xantar uns tres ovos cocidos e beber un cuartillo de viño do Condado, se “fora sen pagar”.
Pasara mais dun ano, cando regresara de novo a feira de Ponteareas, e terminara por encamiñarse novamente o hospedaxe, e no momento de sentarse para pedir o xantar, o dono lle di:
– “Aos morosos non se lle fía”: A última vez te fuches sen pagar-
– ¡Vaia! Como para lembrarse despois de tanto tempo!.
– Non ten pes ni cabeza o que dis: Tres ovos despois dun ano son 20.000 reais, agora.
– Non ten pes nin cabeza, obxectou Manolo O Cesteiro. Pero o do hospedaxe falaba en serio, e para para mostrarlle que o que dicía era sensato proseguira:
– Dos tres ovos houberan saído tres galiñas, cada unha delas, houberan tido 10 ducias de ovos, dos ovos houberan nado cen pitos, e dos pitos. . . o importe da débeda.
A historia fora, un que si, e outro que non, terminaran en discutir pechando a porta para cal quer arranxo amigable.
Así as cousas, o do hospedaxe buscou os servizos dun avogado, presentando unha denuncia ante o Xuíz de Paz de Ponteareas, reclamándolle a débeda.
Pasando un tempo, Manolo O Cesteiro, se encontra na porta con a Garda Civil, e con un “Requirimento xudicial” para que se presentara tal día, a tal hora no xulgado.
Manolo, O Cesteiro,que nunca se vira en tal situación, non sabía por onde empezar, nin que camiño coller, ata que pensou en recorrer o párroco no rueiro de Rañe, explicándolle o motivo.
– Non sufras, que eu acudirei o xulgado por ti.
Pero o día do xuízo coa sala chea de xente, o cura non aparecía. Cando o xuíz empezaba a impacientarse se presenta o párroco, desculpándose da tardanza:
– Señor xuíz: Non puiden vir antes porque estiven cocendo unhas fabas na pota coa miña ama de chaves, para logo sementalas.
– Pero, Como pretende vostede, facerme crer a min, esa historia? Dille con sorna o xuíz.
– ¡Ai, señor xuíz! E, Como e posible que duns ovos cocidos poidan saír galiñas e pitos? Me o quere vostede explicar?
E así terminou o xuízo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.