Curiosidades de San Xoán de Fornelos

bosque meigas salvaterra

Era crenza cristián e popular que o noso San Xoán de Fornelos, fora divindade que rexía e protexía a terra dos fenómenos adversos, relativos as tormentas, asociadas os raios, lóstregos e tronadas. Por iso, había e aínda hai, devotos que imploran a súa intervención como “axente purificador” que pode ameazar a vida da parroquia.

Outra variante mais pagán era colocar nos tellados un ramo de flores de sabugueiro, humedecido nalgunha fonte, porque se lle atribúe a tales flores que o mollalas o amañecer do día de San Xoán, tiña a propiedade de afuxentar o mal provocado pola descarga dos raios.

A San Xoán, se lle asimila unha serie de plantas medicinais máxicas: Salvia, aquilea mileurama, crisantemo dos prados, hedra, rusco, artemisa e hipérico. Co tempo a lista foise aumentando con loureiro, loureiro de cereixo, fento, herba, perexil, romeu, cicuta e outros.

A importancia das flores estaba no augurio da “boa sorte”, e fortuna no saltamento sobre a fogueira do San Xoán.

Era natural en Fornelos da Ribeira, obsequiar os veciños con “trastadas”, e na época mais propicia a de persignarse o día de San Xoán. Era expoñente tradicional, imaxinativa, agresiva e xocosa, soltar o gando atado, arrincar cancelas, desorientar os animais nas encrucilladas e esconder os útiles da labranza, ou subir obxectos os tellados.

Era ben sabido e así consta na historia que, entre o espazo que transcorre entre a noite e a mañá de San Xoán, se narraran os feitos.

Na mañá de San Xoán, nas Pontes das Partidas, se soia cumprir cos preceptos da “flor da auga”. Todo un seguro para a necesaria preservación das enfermidades, condición indispensable do progreso e mellora da vida.

En Fornelos da Ribeira, conforme as crónicas antigas, se dispuña dun trono acondicionado con pasarela para que a moza casadeira, declarase estar virxe ou non, con a denuncia social, e xa se sabe: Saltos, corros, desexos e a ficticia queima dos malos augurios: ¡FORA MEIGAS!