Hoxe, sen querer, localicei a tumba de Phelipe Álvarez, xudeu converso, e da súa dona Justa Rodríguez,descendentes dos Álvarez e Rodríguez de Fornelos da Ribeira, recuperada da igrexa de Santo Domingo de Ribadavia, única documentación asociada a este persoeiro.
O estudar a expulsión dos xudeus, se produce na Xudería de Ribadavia, no 1.492 a grande convulsión social e económica, polo que algúns xudeus deciden converterse o cristianismo, sendo bautizados, pero continuando coas prácticas cerimoniais dos seus antepasados.
Favorecido entre 1.492 e 1.575 por un oco legal, que a ninguén molestaba, o Tribunal da Inquisición mais próximo estaba en Valladolid, e non chegaba a Ribadavia, pasando desapercibidos entre a a xente do ribeiro. No 1.575 se instala en Santiago o Tribunal da Inquisición para toda Galicia.
Naquel ano de 1.578 houbera unha remesa de conversos portugueses en Ribadavia, e enseguida foran admitidos na vida cotiá, chegando a ser persoeiros importantes, tal era o caso de Filipe Álvarez, descendente dos Álvarez de Fornelos de procedencia portuguesa, quen chegara a ser procurador xeral de Ribadavia, entón unha especie de contable da vila do Ribeiro.
A convivencia entre estes persoeiro e asociacións de aproximarse mutuamente era normal, de tal maneira que moitos fillos conversos eran enviados as sinagogas de Venecia, Pisa e Salónica.
En Ribadavia todo transcorría normal e a Comunidade Criptoxudea convivía harmonicamente, pero os cimentos da convivencia se estremecen e un raio de zozobra ou medo, recorre os corpos dos seus habitantes o saberse da Inquisición. E ¡O que son as cousas! Un persoeiro das mesma comunidade entregara o Tribunal de Santiago no 1.606 unha lista acusando a 200 persoeiros de crenzas e prácticas xudeus: Jerónimo Baustista Mena, e a súa familia; comezando pola súa nai Ana Méndez (defunta), irmás, Ana Mena de 17 anos e Nicolás de 7; Tamén, Filipe Álvarez, boticario e seus fillos, Gaspar, Fernando e Antonio Méndez.
Este Filipe era natural de Verín, e de oficio boticario, cando o saír do Santo Oficio da Inquisición de Santiago, detido e encadeado, acusado de xudeurizante, e se lle da por escrito: Filipe Álvarez de oficio boticario, nado en Verín, e veciño de Ribadavia de 60 anos de idade, testificado por 19 testemuñas, tres mulleres e os demais homes, cómplices de haber vivido na Lei de Moisés, con esta información fora mandado prender con secuestro de bens, e con os demais se sustancia a causa. E fora recluído nas cadeas secretas para que con el, se seguira o preito.
Nas tres primeiras audiencias estivera negativo, e na primeira so confesara que descendía da nación hebrea, e que non sabía porque o prenderan, senón fora pola coresma do 1.605. Recibira o Santísimo Sacramento do altar, sen haber precedido a confesión sacramental dos seus pecados. E respondendo a acusación de confesar haber ofendido a Deus noso señor, nos dous capítulos dos que se lle habían lido, na acusación, e del, pedía a Deus perdón, e a este Santo Oficio, penitencia con misericordia. E un dos capítulos era que había mandado “purgar decebar e desangar a carne que había de comer, e outros que había xexún que caera nos 10 do mes de setembro, non xantando nin bebendo cousa algunha en todo o día e noite”. E que ditas cerimonias que eran obras meritorias para ir o Ceo, e que había sabido e entendido a Lei de Moisés era contraria a de Xesucristo,, noso señor, e sen embargo, dixo haber gardado a Lei de Moisés, e feito as cerimonias que había confesado, e que non había confesado sacramentalmente da fe, non tendo por necesario o sacramento da penitencia para a salvación da alma. ¡Manda carallo! Porque para terminar di non haber crido que na hostia consagrada estivera Deus verdadeiro nin o corpo de Xesucristo.
Así, cos seus fillos, Fernando e Gaspar Álvarez terminou ese santo enredo, acordando que os reos foran admitidos a reconciliación en forma, en auto público de fe, nunha igrexa, confiscación de bens, habito e cadea perpetua e irremisible. E así se executou (A.H.N. Inquisición en Galicia. Leg. 2042.Exp. 45 de 124 de maio do 1.608). ¡Para mais vergoña!
Filipe Álvarez, estivo enterrado na Igrexa de Santo Domingo, porque a Inquisición, considerou que o cumprir a condena, o condenado volvía o seu seno da Igrexa.
¡¡ Pouco mais hai que engadir !!
Debe estar conectado para enviar un comentario.