Milicia e emigración en Fornelos da Ribeira

emigracion

A forte resistencia dos mozos de Fornelos da Ribeira a cal quer servizo militar, se deduce do grave problema dos prófugos que houbo nesta terra, especialmente no ano 1.762 que provocou unha forte reacción, reflexo das protestas, sobre todo, no masivo recursos contra o servizo militar.

Sinto non sei que ler que na reforma do 1.703 se fixaba como norma xeral o sorteo, pero o certo era que resultaba impracticable porque os mozos vivían desordenados en parroquias, habitacións e moradas soltas,separadas por campos de cultivo, etc. E dicir: Dispersos da poboación dificultando a súa realización, pero a cuestión de fondo estaba na imposibilidade de aportar homes para as levas, a causa da emigración que en Fornelos da Ribeira, fora elevada.

A relación “milicia-emigración” imposibilitou facela leva xustificándoa porque a maior parte dos mozos solteiros estaban traballando en Castela e Portugal, por onde pasaban os prófugos e desertores dende 1.640.

Con a ocasión da Real Orde 24-03-1.762 se procedera a re actualizar os veciños que servirían de base as levas, para facer o alistamento dos varóns solteiros de 16 a 18 anos; e os de 18 a 40 a partir das Actas do Bautismo, obedecendo a Orde, coas distintas situacións de exencións.

Era sabido que os casados e viúvos non entraban na lista das levas do século XVIII, pero prevían outras situacións familiares que entrañaban exención, quedando libres de quintas os fillos únicos de nai viúva ou de pai sexaxenario, e quen tivera irmás no exército e solteiros con casa propia. Tamén cabía a inutilidade física.

Como parte da miña familia emigrara por este motivo, chamoume a atención do censo de mozos do 1.762 que prevía unha columna de “ausentes” que ofrecía unha perspectiva de valor inestimable para observar a Fornelos da Ribeira, como efecto diferenciado da emigración. O que me leva a pensar que o servizo militar fora un elemento determinante, tanto na guerra con Portugal como na rebelión catalá, provocando profundos cambios na realidade política desta terra.