Aprendamos a vivir a vida

vida

Aprender a vivir día a día e un arte, os lo digo eu, porque sempre estiven tratando de vivir as “cousas” o mesmo tempo; e dicir: As penas, as alegrías, a felicidade e o amor. E por cada día que vivimos con todas esas “cousas” que nos pesan, deixamos de gozar da vida o cal suporía vivir en plenitude e harmonía. Pois ben, ese día e hoxe: Deixar as sombras do pasado e esperar o futuro, porque nada queda detido, para vivir en forma apresurada pois so vivindo coa tristeza non deixará paso a felicidade.

As nosas “cousas” sempre estarán nas nosas vidas, e xa é hora de desfacernos delas, e animar o noso corazón. Hai que saber tiralas o rueiro onde non se encontren, ou no seu defecto, gardalas no fundo do corazón, porque non se pode vivir sen pasado pero de nos depende que ese pasado o tomemos como experiencia, e non o fagamos parte da nosa vida de hoxe.
Demos pois, un descanso a todo o que quedou atrás e que non nos foi grato para a vida.

¿Para que lembralos hoxe?

¿Que ganamos con elo?

Mellor nos será gardalo nun recuncho da alma, porque cando pensamos nos doe o sentimos na pel. ¡Esquecelo! Iso fora onte.

No noso interior sempre levamos “cousas” que gardamos alegremente, ilusións, penas, e tódolos sentimentos que noso corazón alberga. Algunhas meus amigos, foron bonitas, cheas de amor, pero o final son tantas “cousas” as que pasan . . . Entre unha cousa e outra, vivimos a vida angustiados polo onte, medo polo futuro, con demasiado peso para a vida.

Debemos aprender a soltar, a deixar que o noso día a día sexa vivido pouco a pouco, como eu o veño facendo durante estes anos. E aquí sigo.

Si hoxe estades felices gozade, non temades, vivídeo e xa teredes tempo de buscar solucións si algo sae mal. Non os angustiedes pensando no futuro. O que sucederá o día de mañá e descoñecido, e iso pode asustar, pero hoxe vivide o día a día.

As “cousas do pasado”, non as podemos cambiar, pero podemos aprender delas. As experiencias non ensinan e podemos servirnos no futuro así como no día de hoxe. O único que debemos contar para nós, e o día de hoxe, porque haberá días mellores e peores, pero nunca serán iguais.

Amigos: Para o noso ben, existe o día e a noite, grazas a cal recobramos as forzas para poder enfrontarnos a mañá que tamén será o novo día. E ¡ollo! So temos un día mais na nosa vida. Fagamos pois o mais grande día soñando a ser felices e si sufrimos fagámolo con clara convicción que o vamos a superar.

Aprendamos a vivir a vida día a día e paso a paso ata a chegada da morte, punto final.