O Curanto e un conxunto de seixos ou cantos rodados de río, cuxo protagonista indiscutible foi Rogelio Estévez Cambra, que simbolizaba o espírito solidario e comunitario do pobo mapuche, en Fornelos da Ribeira.
Cando, despois de 50 anos de ausencia de Fornelos da Ribeira, viu a súa terra natal un tres de abril do 1.929, onde se prestou a facer un Curanto, coa asistencia de familiares e amigos, da cal gardamos unha fotografía de dito acontecemento. Un curanto e como unha barbacoa pero feita baixo o chan.
A forma da cocción fora na eira do eido de Cambra, onde el nacera, facendo un foxo con cantos rodados do río Tea, e leña para quentar os seixos ou cantos rodados. E dicir brasas e pedras ata quedar ben quentes. Logo cubrilas con follas de verdura ben cuberto, para cociñar mellor e conservar o zume. Colocar os alimentos, pescados, carnes, pementos cebolas patacas e salsas para cubrilo todo con outras follas de verdura,todo ben tapado. Logo cun un saco mollado cubrilo todo para tapalo con terra. Se lle pode engadir unhas follas de loureiro, antes de tapalo coas follas de verdura e o saco, ou tela mollada para logo tapalo con terra. Cando empeza a fumear se saca a terra co saco ou pano, as follas de verdura e se observa o calor e potencia o xantar. As follas e saco ou pano deben estar molladas.
No Curanto se integran,peixes, mariscos, carnes e vexetais. Os alimentos cocidos en Curanto teñen un sabor único, diferente que val a pena probar.
Tamén e unha curiosidade observar como se prepara, mentres se saborea un viño tinto da casa, que por certo, a madriña o tiña como o mellor do mundo.
Así preparou Rogelio Estévez Cambra, ante a familia con xustificada presencia de familia e amigos con unha fotografía testemuña do encontro.
Descuberta a historia e dos arraigos e desarraigos de pertencer ou non pertencer a historia do home que buscou en Bahía Blanca, a vida, sendo escribán público ata a morte.
¡Como non! Documenteime sobre esta tradición cerimonial consistente nun xantar cuxos alimentos son cociñados pola calor dos seixos ou cantos rodados, brasas colocadas nun foxo na terra. Os seixos ou cantos rodados, son quentados con leña; logo colocadas as follas molladas da verdura ou berza, enriba as legumes, peixes ou carnes, etc.
Todo tapado con terra. O “xantar” queda lixeiramente un pouco afumado.
Grazas a Internet, logrei dar con “La Casa Grande” en Bariloche, construída por Félix Goye no 1.895 que posiblemente visitara Rogelio Estévez Cambra, nos seus andares pola Arxentina. Incluso no restaurante “Lo de Nora” se conserva un foxo para carnes e verduras coas follas, neste caso, “de maqui, e as aspilleras”. Todo tapado e a esperar. . .
Alí na Patagonia todos convocados, observan como o fío do fume vai saíndo e os anciños con suavidade retiran as follas deixando o descuberto as carnes, etc.
Naquel restaurante serven actualmente por este sistema:
1).- Patacas con chourizos.
2).- Carnes asadas con pementos.
3).- Cordeiro con patacas,cebola,allo,pementos, etc.
4).- Porco condimentado.
5).- Polo con patacas e mazáns.
¿Que significa pois o curanto? Pedras quentes baixo terra, e comida para xantar.
¡Bo proveito!
Debe estar conectado para enviar un comentario.