María Anes de Fornelos da Ribeira

fornelos da ribeira igrexa
(Dedicado o meu amigo don Antonio Pérez Álvarez, avogado, que descansa en paz no cemiterio cívico relixioso de Fornelos da Ribeira).

Maria Anes de Fornelos, nada posiblemente antes do ano 1.250, fora filla de pais descoñecidos, pero si dona de Vasco Martíns Pimentel, falecendo no ano 1.300. Temos que ir o marzal do 1.468 para encontrarnos con Pedro Alvarez De Soutomaior, o chamado pedro madruga, fillo de anez de soutomaior e de constanza de zúñiga, casada en portugal no 1.465 con teresa de tábora ou távora, para recoñecer a relación desta familia con fornelos da ribeira. Pedro Álvarez de Soutomaior fora vizconde de Tui (1.473), Conde de Camiña e o 12 señor da Casa de Soutomaior e Fornelos.

Na Igrexa de San Xoán de Fornelos da Ribeira están representadas cos escudos do seus liñaxes.

Teresa de Távora, era filla de Alvaro Pérez de Távora, falecido no 1.486 que responde a IX xeración.

Na XVI xeración, encontramos a Francisca Luísa Soutomaior, filla de Fernán e María, casada no 1.639 con Juan Fernández, fillo de Lourenzo de Lima e Luísa de Távora.
Conta a historia que Fernando Ruíz de Castro, casara con Elvira de Valladares, filla de Rodrigo e de María Pérez, señores de Fornelos. Ambos tiveran a Juan Fernández de Castro, que levara a casa de Fornelos. Casara con Rica Turrichan, filla do chamado “FAROUPIN”. Tiveran por fillos a Inés Añez quen casara con Alvaro Pérez de Soutomaior. De aquí ven a entrada da casa dos Soutomaior coa de Fornelos da Ribeira.

Alvaro Pérez de Soutomaior, casado con Inés Annes de Castro, “Señora de Fornelos”, herdeira de Juan de Castro, por casamento, quedara co estado de Fornelos na Casa de Soutomaior.

Ei de destacar que tras a declaración de paz entre os Reis Católicos e a Coroa Portuguesa no 27 de setembro do 1.479 se restituíran as propiedades, e o gobernador Fernando Acuña, concedera o derrubamento da Casa Forte de Fornelos excepto a “Torre de Fornelos· en Crecente e Salvaterra.

Vasco Martínez de Acuña, señor da casa e señor de Tábora, chamado o “seco”, servira os reis Dionisy, Alonso IV, casado coa señorita Fernández Chanciño,filla de Fernán González Chanciño e de Maior Alonso Cambra. Precisamente deste matrimonio nacera; Martín Vázquez de Acuña,señor de Taboa e Acuña, sendo a súa dona Violande López Pacheco, filla de Lope Fernández Pacheco, rico home moi favorecido polo rei Alonso IV, e a súa dona María Gómez Távora con descendencia.

Teresa Cambra era filla de Pedro Fernández de Cambra, e a súa dona María Ourigues procrearon a Fernán Ruíz Pacheco.

No século XIV, emparentados Pedro Páez de Soutomaior con Inés Anes de Castro, dona de Fornelos da Ribeira, se relaciona coa Casa Forte,Martín Sánchez, fillo bastardo de Sancho I de Portugal, Juan de Castro, bispo de Tui e Álvaro Pérez de Soutomaior.
Dado que a Igrexa de San Xoán de Fornelos conserva os escudos dos Táboras, debo dicir que a familia dos Tábora e moi antiga. Por certo que se falaba do Proceso dos Távoras, no século XVIII, provocados polo intento de asasinato do rei José I, no 1.758 culminando coa representación pública da familia Távora e seus parentes no 1.759, corenta anos despois da construción da Igrexa de San Xoán, co aporte económico de todos eles.

A historia conta que José I, estaba casado con Mariana Vitoria de Borbón, princesa española con catro fillas. A pesares de ter unha vida familiar alegre, este tiña unha “amante” chamada Teresa Leonor, dona de Luís Bernardo, herdeiro da familia Távora.

Unha noite do 3 de setembro do 1.758 cando regresaba o rei de estar coa amante, e cando pasaba pola igrexa fora interceptado por tres homes que lle dispararon. A marquesa Leonor de Távora, sen o señor, fillos e netos, foran encarcerados acusados de alta traizón.

Aínda hoxe se discute da culpabilidade ou inocencia dos Távora.

O longo dos séculos XI e XII, surxen divisións administrativas e xudiciais e que o chamado Condado, se limitara as zonas e freguesías que hoxe conserva.

Pois ben, Cristóbal ,Alonso, Constanza e Maior, renunciaran os seus dereitos para que os estados se tornara un e indivisible, a cuxos bens habería que engadir o de Teresa de Távora, como pago de dote, arras e bens anteriores os que quería facer valer Inés Enríquez e Urraca de Moscoso. Bens que foron confiscados o 14 de maio do 1.518 segundo Real Cédula a Diego de Soutomaior, para que o alcalde Ronquillo que entendía da morte da condesa, dos bens que se debían vender para salarios e outras cousas de Pedro, o parricida.

Das probas de Cabaleiro, encontramos no Arquivo Historia Nacional, Ordes Militares o seguinte expediente:

DIEGO DE SOUTOMAIOR

En Madrid a 10 de deciembre de 1.510
Juan Collaço, vecino de la ciudad de Tuy, testigo presentado por el dicho Diego de Sotomayor, jurado en forma de derecho, etc.
1ª A la primera pregunta dixo conoscer al dicho Diego de Soutomaior, e que su padre no lo conosció solo por oydas, de Camiña. E que conosció a su madre, que se llamaba Theresa, Condesa de Camiña.
Preguntado que apellido o de que linage hera, dixo que non sabe.
Preguntado como la conosció, dixo que por vista e trato e conservación que con la dicha condesa e con el dicho Diego tuvo.
Preguntado si conosció a los ahuelos del dicho Diego, dixo que no los conosció.
2ª A la segunda pregunta dixo que lo sabe como en ella se contiene.
Preguntado como lo sabe, dixo que porque lo tenía por señor de Sotomaior, Fornelos,Salvatierra, e que sabe que por tales hijosdalgo eran avidos e tenidos en toda aquella tierra, e que nunca oyó dezir lo contrario.
3ª A la tercera pregunta dixo que es de herdad de quarenta años.
4ª A la quarta pregunta dixo que por tal hijo legítimo, avido de legítimo matrimonio, es avido e tenido en toda aquella tierra.
5ª A la quinta pregunta dixo que no le conosce enfemedad alguna, antes le tiene por ombre sano e jugador e recto para el exercicio de las armas.
6ª A la sexta pregunta dixo que no sabe que aya bibido con ningun señor, salvo al Rey nuestro señor, e que no ha tenido ningún oficio de los contenidos en la dicha pregunta.
7ª A la setima e octava pregunta dixo questos no sabe ni sabe mas deste caso, so cargo de juramento que hizo.

Firmado de su nombre: Juan Collaço, rubricado.

Asi tamén o fixo Juan de Estrada, veciño de Vila Real en Portugal, testemuña presentado por el dicho Diego de Sotomayor, pai Pedro Álvarez de Sotomayor e Teresa de Távora. Figurando como testemuñas Johan Franco e Duran Rodrigues identificados como escudeiros de Vasco Ozores.

En documentos encontramos que no ano 1.325 Vasco Ozores e a sua muller Aldonza Rodriguez arrendan a Juan Lourenzo de Susavilla(?), e a sua muller las herdades que compran en la feligresía de Fornelos. No mesmo ano María Pérez da Fonte, de Guyande,( Goyende), vende a Vasco Osorez y a su mujer Aldonza Rodríguez, una heredad que le llaman Vargelas (?) tamén en Fornelos.

O 16 de marzal do 1.327 Vasco Ozores, e su muller Aldonza Rodríguez aforan a Pedro Lourenzo de Guyanes (?) e a su muller Maior Miguelez, la herdad en la feligresía de Fornelos que habían comprado a Juan de Poncio.

Nun testamento do ano 1.335 aparece a venda a Vasco Ozores do casal, que chaman da Corredoyra que ias na feligresía de San Oanes de Fornelos o qual casal foy de meu avoo Osoyro Eáns.

Por último : Sabedes que quantos esta carta viren como Pedro da Devesa de Goyande de su con moller minna, Marina Eáns ea presente et outorgante, por toda minna voz vendo a vos, Vasco Ozores, fillo de Osoyro Eáns Gago, que foy et a vosa moller Aldonça Rodriguez,et a toda vosaa vos para sempre, toda a voz et dereito que eu ey et de dereyto devo daver no logar que chaman A Candoosa, que e en feligresía de San Eane de Fornelos a qual a min ficou de meu padre Pedro Pérez.

Vasco da Ponte lembra como Pedro Álvarez de Soutomaior fora derrotado, deixándolle Fornelos da Ribeira e Salvaterra.

Do 23 de agosto do 1.591, na Caixa legado nº 488 existe o expediente nº 69 que di que Francisco Sarmiento de Soutomaior nado en Salvaterra fora canónigo. O pai García Sarmiento de Mendoza e Soutomaior, señor de Salvaterra e mordomo da Emperatriz, e Leonor Sarmiento de Mendoza, e Saez de Pesquera, nada en Burgos, avós paternos Juan Sarmiento de Soutomaior, señor de Salvaterra e Beatriz de Noroña filla dos Condes de Ribadavia Juan de Mendoza e María Sarmiento.

Avós maternos Luís de Sarmiento de Mendoza, mordomo maior do principe Carlos, da Casa do Conde de Monteagudo, e Catalina Sáez de Pesquera.

Bisavós paternos: García Sarmiento, señor de Salvaterra e Francisca de Soutomaior irmá de Pedro Madruga.

Tamén de Leonor Álvarez de Nogueira y Taboada, señora de la Torre forte de Candaira, casara con Pedro Sarmiento de Soutomaior, veciño de Salvaterra o 4 de agosto do 1.544, fillo de Diego Sarmiento de Soutomaior, señor do Val de Hachas, Petán, Parada,Palacio de Vilanova, dacasa doscondes de Salvaterra, e de María Juarez Daponte, neto por parte do pai Diego Sarmiento de Soutomaior, señor de Salvaterra e Sobroso, e de Leonor de Valladares e Meira,bisneto de García Sarmiento señor de Sobroso, merino maior da Merindade de Toroño, e Teresa de Soutomaior e Andrade, señora de Salvaterra; tataraneto, de García Fernández Sarmiento, señor de Sobroso, Adelantado Maior de Galicia, alferez maior de Castela, señor de Ribadavia, e Elvira Manrique neta de San Fernándo, dotándoa seus pais coa Torre forte de Candaira e outros bens no 1.545.

Diego de Araúxo e Taboada, capitán da Cia de Petán,Tercio de Salvaterra, casado con Ana Troncoso de Ulloa e Correa, tiveron a Diego de Araúxo e Ulloa ( 1.762), casado con Ana María de Castro, o fillo, José Antonio de Araúxo Troncoso, casara con Isabel de Barros e tiveran a : José Araúxo e Troncoso de Lira, casado con Luísa Alcalde e Vieitez de Puga.

Agora voume a referir Os Xil da “boa memoria”, abade da parroquia de Ribarteme, no Concello de As Neves quen casara en primeiras nupcias a Juan Fernández de Araúxo, con fillos; e de segundas con Gracia de Faria, tamén con fillos. Xa de viúvo abrazara o sacerdocio sendo abade de Ribarteme e Valeixe.

Del descendera Basilio Xil de Araúxo, con varias fundacións, en Valeixe e o morgado de Barreiro. A súa irmá Euxebia Xil, posuíra o de Valeixe. Casara con Antonio de Castro e Ulloa, neta de Alvaro(III),Xil da “boa memoria” e o licenciado Mauricio Xil, abade de Mourentan e Valeixe.

Da segunda xeración, frai Antonio Xil, monxe no mosteiro de Celanova.

Alvaro Xil, herdara a Casa de Barro, casando con María de Castro e Araúxo, con descendencia.

Fernán Xil herdara a casa Fontán.

Pedro Xil, fora abade de Mourentan e Valeixe.

Juan Xil, bacharel, casara con Juana Alvarez do Río, con filla. E luís nace con Baltasar Xil de Araúxo, dono da casa torre de Barro, casado con Inés Vilas, con fillos.

Marta Xil de Araúxo, casada con Pedro Vilas.

Juana Xil de Araúxo, casada con Juan de Castro, con descendencia.

Fernando Xil de Araúxo, casado con Isabel de Castro, con fillos.

María Xil, casada con Cristobal Vallejo.

Na cuarta xeración, temos a:
Alvaro Xil de Araúxo, viúvo de Catalina de Puga, e logo a Cristina de Araúxo, con fillos.

Francisca Xil de Araúxo, casada con Alonso de Castro, con descendencia

Pedro González de Castro, con descendencia.

Ana Xil de Araúxo, casada con Cristóbal Merino, con fillos.

Benito Xil de Araúxo, abade de San Ciprián, como parroquia independente, quen tivo con María Rodríguez un fillo.

O Inquisidor Barbeito, os acusara a todos de ter pactos co demo, asi como querer converter o rueiro, facer do párroco un animal, e dos veciños sapos. E, foron levados a Inquisición, queimados na fogueira. Un deles lograra escapar e o lugar onde o encontraron lle chamaron “da forca”.

O que mais me lembra e a “Ánima soa”, ou a alma da dor, que di se encontraba vagando polos seus pecados no purgatorio de antes, porque o de agora xa non existe.
A crenza di que estes espíritos axudan a encontrar tesouros que foran enterrados. E por iso, que a “Ánima soa”, xeralmente venerado en Fornelos da Ribeira,o día das almas en pena.

O Farruquiño era un veciño de Fornelos que indo da Romaría dos Remedios de Ponteareas, xa pasando San Martiño de Moreira, se puxo a tocar a gaita e a cantar, cando de repente lle aparece outro gaiteiro facéndolle competencia.

Cando o Farruquiño ía buscando as notas, notou que era o demo o que estaba no árbore emitindo as notas.

Hai que dicir que naquela época Fornelos da Ribeira estaba completamente na escuridade e apenas os ollos do mesmo demo brillaban.

O Farruquiño, con suficiente coraxe inflou o fol da gaita chegando a Carballeira das Fraguiñas, e comezou a tocar unha panxoliña que lle trouxo a lus das estrelas. E como era un home de fe, pedira axuda a Deus e o Demo, e asustado foi correndo pro río Tea, de onde nunca mais volveu.

Tamén dicían do cuarto Pedro Madruga que foi un personaxe sinistro en Fornelos da Ribeira, que sempre usaba un chapeu negro e andaba a cabalo de noite o que o deixaba confuso, aparecendo e desaparecendo sen previo aviso, como os bébedos e bandidos de noite.

Quen vira coa creación do Concello de Fornelos da Ribeira, o profesor cirurxián, Clemente Francisco Cambra e Vilas, quen vivira toda a vida, no rueiro do Casco, para curar os veciños do novo concello. Como dicía a curar as chagas e humores malos e mais bubas, e dar a auga o pan. . .

E que neste novo concello había enfermidades de bubas e había quen as tiña de mais de “quatro años a esta parte” e se dicía que ía curando “delas dhas chagas con remedios”.

Algúns veciños, como por exemplo, Diego Rodríguez, que dixo que Clemente Francisco era un mestre de curar mal de bubas e humores.

Polo día de Santiago, fixeran vir a súa casa do Casco, informado o dito Diego, que o sanaría dándolle a “zarzaparilla” e baños, quedando para o mes de setembro, que o purgou y le dió ciertas píldoras echas de mano del boticario y que después de darle la primera purga, estivo en la cama cosa de veinte días, y le dió en eses días la agua de zarzaparrilla,, bizcocho e pasas, media gallina cocida, y otro día media gallina asada, e algunas veces dos huevos pasados por agua, con azucar, y otras veces manzanas asadas con azucar mojadas en agua de lazarza, y en cada uno de los dichos días le daban sudores uno por la mañana y otro a la tarde de tal manera que de la mucha cantidad de agua que con los sudores le salió del cuerpo, vino a dormir e a sosegar, a moverse las manos y pies, e después de allí a tres o quatro días, le dió tres baños cada día el suyo de que le hiço salir del cuerpo mucha cantidad deagua e vino a comer muy bien e dende que el dito Diego le echó en los ditos sudores e baños se alló muy bien de todo el cuerpo e muy sano de pies y manos e cavesa.” . . .

E logo, despois, dixo un testigo que vera sanar ao dito Diego Rodríguez, se curaron moitos veciños de Fornelos.

Mais dun dicía que “con ayuda de Dios Nro, Sr. La daría sana e ansi luego empeço a tenella en cura e la tubo en cama tiempo y espacio de mes y medio e de allí empeço a darle jarabes y purgas e le dió la agua dezarzaparrilla e ciertos baños de tal manera que despues de dados la dicho testigo se alló muy buena comiendo y dormiendo olgadamente, y que despues de Dios Nro.Sr. El dicho Clemente Francisco Cambra, le curó e con lo que le hizo le dió sana e buena como al presente está”.

Daquí se desprende cuan excelentes eran os resultados que no mal das bubas e outros estraños, se producían e os medios terapeúticos que tiñan os mestres da arte de curar.