Nos fins de semana e sobre todo nos veráns, ía, coma sempre, a pasalo coa miña madriña o rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira, e hoxe me lembro, entre outras, daquelas patacas fritas que xantábamos ambos. Eran patacas da horta.
Hoxe se sabe como se fan as patacas “souflés”, pero daquela so mentes o sabía facer a miña madriña, pois son molestas de facer que as simples patacas fritas.
Lémbrome, ¡Como non! De cando as presentaba con grande ostentación, e pasaba entón,como pasa agora, que todos pedían a forma, que a madriña se negaba a dala. Non creo que diría como se di agora: Top secret.
Daquela saía sempre a cuestión das patacas fritas, cando algunha amiga da madriña viña a xantar con ela e non estaba preocupada, como hoxe, polas facultades engordantes das “patacas fritas con ovos”.
Confeso, dende a miña humilde aldea de Fornelos da Ribeira, que o que mais me gustaba reflectir da miña madriña, ademais da súa bondade era como facía as súas cousas, e que me gustan escribir da miña aldea. Exemplo, as patacas fritas que enchen a historia da miña vida e déronme a entender a vida.
Non cabe dúbida que a historia das patacas fritas que nunca soubemos como as facía, había que escribilas con maiúsculas, e moitas veces e consecuencia da suma de pequenas cousas que a un lle quedan de pequeno.
Lémbrome tamén daqueles “boliños de bacallau”, que tan ben os facía, preparando o bacallau en auga fría, cambiándoo cada 8 horas para desalgalo, e quítalle a pel e espiñas para migalo.
As patacas cocidas para puré… Sofría a cebola e o bacallau des migado mesturaba co sofrito con o puré da pataca e engadía perexil para amasalo con sal.
Terminaba formando unhas pelotiñas pasadas por fariña e ovo dúas veces; fritas, escorrelas repousadas e logo servir e para xantalas. ¡Que ricas!
Debe estar conectado para enviar un comentario.