Mirade por onde as Cooperativas Agro Alimentarias e Castela A Mancha, na Tribuna de Albacete do domingo 26 de abril do 2.020, falaban dun viaxe a Noruega xunto a organizacións cooperativas de Asturias, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares (Galicia e a Xunta non se enteiran), do programa “EMPREGAMENTO E LIDERAZGO DA MULLER RURAL” nas Cooperativas Agro alimentarias que desenrolan as Cooperativas agro alimentarias de España, coa participación do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais e Igualdade.
O primeiro obxectivo e coñecer de primeira man, as po9líticas públicas noruegas en igualdade de oportunidades, baixo a dobre perspectiva: “Coñecer o papel que xoga a muller nas cooperativas e toma de decisións das mesmas, e analizar o modelo empresarial cooperativo noruego”.
O director de Cooperativas Agro Alimentarias C.L.M. e o técnico do Observatorio Socio Económico, e de Igualdade de Oportunidades, formaron parte da delegación.
Noruega que conta con unha economía próspera e rica, combina unha forte intervención estatal con moi baixos niveis de desemprego, desigualdade e corrupción, e UN DOS MELLORES EXEMPLOS A SEGUIR, sobre o bo funcionamento da Igualdade. Non so permite o desenrolo económico da rexión, senón que os seus habitantes teñen os mesmos dereitos,oportunidades e obrigas en materias como o emprego e a educación,como cuestións da vida diaria.
Noruega, se encontra a cabeza a nivel mundial no desenrolo humano. Un país con taxas de desemprego dun 4%, onde as cooperativas agro alimentarias xogan un papel fundamental no desenrolo socio económico do medio rural, onde o principio de igualdade de oportunidades está arraigado tanto na xente , que lles interesan coñecer como funciona.
As veces, me pregunto: ¿A onde vai Galicia? A ningures. Porque, sen dúbida algunha, tiña que estar en Noruega. Porque Noruega e o faro para tódolos países do mundo, excepto para os galegos. Noruega e un selo de sostibilidade que a Xunta de Galicia non lle importa. Noruega aposta polo uso consciente dos recursos naturais, explotación dos seus paisaxes e vales, formando cooperativas locais cuxo obxectivo e potenciar a calidade de vida, impulsar a conciencia ecolóxica sendo protagonista a natureza, como pode ría ser O CONDADO E A PARADANTA, poño por exemplo.
¿A onde vai Noruega e a onde vamos nós? De Noruega xa o sabemos e de nós a xantar a lamprea con un tinto de Rubiós. Xa o dicía don Alvaro Cunqueiro e don Xosé María Castroviejo. ¡ Nada menos !
Debe estar conectado para enviar un comentario.