(Vai para a Xunta de Galicia, e tamén para os meus veciños do Condado e a Paradanta)
No pasado mes de setembro do 2.019, un nutrido grupo da administración do Goberno Vasco, (non a Xunta de Galicia), representantes da Comisión de Agricultura do Parlamento Vasco (non do Galego), Federación de Cooperativas Agrarias Vascas (non das galegas); e outras participaron nun viaxe organizado pola F.C.A.E., para coñecer o “modelo cooperativo agrario noruego”.
Daquel viaxe a Oslo, onde foron recibidos polo Secretario de Estado, e varios representantes do Ministerio e Federación de Cooperativas de Noruega, destacando as seguintes conclusións:
O PIB da Agricultura Noruega, e de 19.000 millóns de euros, con 180.000 propietarios de terreos, e 50.000 granxas agrícolas con un tamaño medio de explotación de 20 Has. e 20 vacas; 105.000 empregos anuais (57.000 agricultores, 49.000 nas industrias agrarias).
Principais sectores: leite, carne, pensos e abonos.
As autoridades colaboran nas Organizacións dos PRODUCTOS, aplicando “o modelo noruego” en onde se negocian os prezos, obxectivos e subvencións das materias primas que producen. Así mesmo, negocian o réxime de mercado, e os mecanismos para adaptar a produción.
Dous millóns e medio de cooperativas hai en Noruega. 133 cooperativas asociadas a Federación para combater os desafíos futuros:
– Incremento da Competencia.
– Lealdade dos socios.
– Estratexia da loita contra as grandes cadeas.
– Necesidade da busca de capitais.
Pois ben, algo do que non se fai na nosa terra galega, se fixo nese viaxe coa visita a COOPERATIVA COMERCIALIZADORA DE CEREAIS E SUMINISTROS, con mais de CEN ANOS, 43.000 asociados, 97 tendas, 52 almacéns de graos, 12 fábricas de pensos e 47 talleres de reparación de maquinaria agraria.
A seguinte foi a central leiteira TINE. S. COOP., dedicada a comercialización leiteira e derivados con 15.000 asociados, 5.500 empregados, entre as súas plantas produtivas, sendo o prezo da leite pagada o gandeiro de 0.54 euros, para a transformación do leite en queixo.
A seguinte foi na explotación HEMSEGARDEN, granxa asociada de vacún de leite, constituída por catro socios que se dedican a venda da leite e produción de queixos. Dispoñen de 80 vacas e 120 noviñas. Teñen 100 Has. en propiedade, e fan unhas 2.000 bolas de silo de herba o ano. Conseguen regar 50 Has. con “purin propio” con sistemas de tubos e bombas.
Na seguinte cooperativa LAERDAL GRONT. S. COOP.,dedicada a comercialización da pataca, cenorias, cereixas, fresas e legumes, con 42 socios comercializan 1.400 tn. de patacas de consumo, etc.
No pequeno pobo de Undredal, visitaron a queixería UNDREDAL,COOPERATIVA, produtora e comercializadora de varios tipos de queixo de cabra, rexentada por tres socios que transforman unha produción de 100.000 litros de leite de cabra.
Terminaron na encantadora BERGEN, coa Feira dos Agricultores e Pescadores, onde degustaron as carnes, salmóns e mariscos, co regreso o eido.
Tanto para a Xunta de Galicia, como para os meus veciños do Condado e Paradanta, lles digo que, no CANADÁ, catro de cada dez persoas son socios ao menos dunha cooperativa. Nos EE.UU., as cooperativas eléctricas atenden a mais de 42 millóns de usuarios rurais. Na Arxentina, as cooperativas agropecuarias son mais dun 20% do total nacional. Na Bélxica, existen mais de 30.000 cooperativas. En Finlandia as cooperativas son responsables do 74% dos alimentos. En Francia, 21.000 cooperativas empregan a 700.000 persoas.
En total que Canadá, Dinamarca, Finlandia, Francia, Italia, Xapón, Países Baixos, Noruega, Suecia, Suiza, Reino Unido e EE.UU. promovan as cooperativas. E nós ¿Que?
Noruega pasou a ser unha democracia social, exemplo a seguir e, nós ¿Que? ¿Espertaremos a que chegue ese día, ou quizais o deixemos para mais adiante? ¡Vai ti a saber o que nos espera!
Debe estar conectado para enviar un comentario.