Fornelos Da Ribeira

fornelos da ribeira

Territorio enigmático

Tal como o lo digo. A Historia de Fornelos da Ribeira xa se escribiu con letras maiúsculas, e grande parte dela, en tempos do catro Pedro Madruga, Pedro Álvarez de Soutomaior, a súa dona e a súa nai, onde hoxe está emprazada a Igrexa de San Xoán, patrón da parroquia.

Daquela, moitas cousas se contaran e a mellor maneira de coñecela e ir a visitala e coñecer actualmente a súa realidade.
A parroquia, tanto civil como relixiosamente aglutinou tradicións que se foron perdendo, costumes relacionadas co culto, rituais de labor e medo o descoñecido. E todo para o que lle guste indagar no asunto.

Eu non me canso de pensar nos numerosos intereses que alimentaron esta terra para favorecer o hermetismo e continuar a explotación apuntando os seus habitantes que fraguaron un imaxinario colectivo da época da emigración a América, causa do progreso social e material.

A primeira iniciativa da rexeneración da miseria restauradora da dignidade das xentes, non correu a cargo da igrexa, ¡Non! Que foi a primeira en loitar contra os “infames morais”.

Fornelos da Ribeira inspiraba tal pena que o convencemento e compaixón moveron e arrastraron os nosos 137 emigrantes a encontrar o xerme do mal para extirpalo e arroxar coas súas raíces a saiba grave que alimentaba estas calamidades permanentemente.

A fame levou como secuela todo un ramallete de deficiencias fisiolóxicas que gardaban por riba relación cos feitos. Dende o 1.904 ata o 1.931 coa fraxilidade coa que nacera o réxime republicano, todo espírito emprendedor se viu abaixo.

O longo da Historia de Fornelos da Ribeira, viaxeiros e curiosos, como eu, nos vimos sorprendidos e conmovidos das nefastas realidades.

A costume arraigada entre a Igrexa e a xente, co cumprimento dos preceptos e normas, sumiron o pobo nunha situación de todos coñecida. E buscando respostas, empezarei por lembrar o apego das xentes a terra, a tenacidade en aplicar as tradicións, foron elementos fundamentais. Fornelos sempre estivo relacionada coa realidade da xente e da igrexa no seu territorio.

Eu sempre dixen: “Si en todas partes do mundo as xentes son fillas da terra, en Fornelos da Ribeira a terra, como tal e nai dos homes”.

Que conste que non estou aquí para culpar as miñas xentes, as súas circunstancias físicas e políticas contrarias a industrializar a parroquia. Os poucos e miserables froitos que recollen son efectos do traballo e de eliminar cal quer tipo de privilexio coa aposta decidida dun modelo político, xurídico e económico xusto, que permita o desenvolvemento parroquial.

Xa o dicía Gabriel e Galán:
E os nenos admirados,
Silenciosos e a penados,
Presidindo vagamente
Dramas fundos non alcanzados
Polo voo da mente
Camiñaban sorrindo
Xunto o doce Nazareno
Maldicindo os Xudeus:
¡Que eran Xudas e uns tíos
Que mataran o Deus bo!