Venme a memoria da lenda do “asustador dos nenos” en Fornelos da Ribeira, que existían dúas versións. Unha falaba dun portugués afincado en Fornelos y o outro de Antoniño, home bastante tétrico, que aproveitaban os veciños para asustar os rapaces co fin de que non foran a xogar o anoitecer o adro da igrexa, no coto de Saa.
Da primeira versión, se conta que fora un portugués das terras de Monçao, quen se enfrontara os franceses no 1.808, o seu paso,cara a Ourense, saqueando todo, quitándolle todo canto tiña, e para vingarse, con un pau, de noite, mentres o xefe durmía no Campamento das Fraguiñas, lle asestara un golpe que o mandara para a tumba.
Cando o veciño portugués morrera, para non esquecelo lle colocaran unha lápida na entrada da igrexa co nome e o pau.
A outra versión era o de Antoniño, un home solitario,quizais un pouco antisocial, que pululaba pola Carballeira das Fraguiñas, en Fornelos da Ribeira, tanto de día como de noite, e que a xente dicía que levaba un pau e un candil acendido, asustando os nenos que choraban.
Parece ser que a inimizade entre o Antoniño e os nenos viña de cando unha noite, un neno lle tirara unha pedra e lle alcanzara na cabeza. Nese momento, o Antoniño, furioso saíra detrás del, pero o caerlle o pau no camiño, non puido alcanzalo. Dende entón, se dicía por Fornelos que buscaba os nenos para vingarse.
Farto destas inocentes criaturas e debido o seu forte carácter, contaban que, cando vía algún deles, non lle deixaba un oso san. Había quen ía mais aló: “Que os ía a xantar”.
Os nenos de Fornelos da Ribeira tiñan medo, pero algúns cansos del, decidiran darlle un escarmento, e unha noite indo para a súa casa, armados de valor, escondidos, esperaron ao Antoniño para darlle unha tunda. Lle quitaron o pau e o candil e o subiron ata o Cemiterio para votalo a reviravoltas para parar xunto o Cruceiro de pedra das Fraguiñas.
E contaban, por si non o sabedes, que o pau e o candil está enterrados na carballeira, baixo os carballos das Fraguiñas, sen que ninguén saiba o lugar. E mais aínda: Na noite de San Xoán, co fogo e o asador das sardiñas, se pode escoitar os lamentos do noso pobre Antoniño, que na paz estea con Deus. Amén.
Debe estar conectado para enviar un comentario.